Sistema de Arquivos de Galicia

Sistema de Arquivos de Galicia

O Sistema de arquivos de Galicia

Que é o Sistema de Arquivos de Galicia?

O Sistema de Arquivos de Galicia é o conxunto de órganos, arquivos, centros e sistemas relacionados entre si por órganos de dirección e coordinación. 

Finalidade

A finalidade do Sistema de Arquivos de Galicia é servir á xestión administrativa, garantir o dereito á cidadanía a acceder aos arquivos e protexer, conservar e difundir o patrimonio documental de Galicia.
Réxese por tres principios:

  1. A coordinación e colaboración entre as distintas administracións públicas
  2. A autonomía de cada unha delas para organizarse
  3. A concorrencia de todas na consecución dos obxectivos xerais de eficacia, transparencia e acceso á cultura e a conservación do patrimonio documental

Os arquivos: Administración e Cultura

Os arquivos son ADMINISTRACIÓN e son CULTURA; poderíase dicir que representan a cultura da Administración porque constitúen o precipitado material das normas, dos procedementos, dos actos e da forma de traballar das organizacións públicas e privadas. Pero, nun sentido máis amplo, son cultura porque conforman algo tan transcendente como o patrimonio documental dun país.

O patrimonio documental é unha parte fundamental da memoria colectiva da sociedade. Os documentos que o integran ofrecen información, coñecemento, ciencia, garantía de dereitos cidadáns, transparencia, historia, arte... Por iso, debemos velar pola súa conservación e garantir o acceso de todos a el, desde o cidadán e o funcionario ata o xornalista e o investigador.

 

 

Sistema de Arquivos de Galicia

Estrutura

A lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, define a estrutura do Sistema de Arquivos de Galicia, que está integrada por:

A consellería

Competente en materia de arquivos e patrimonio documental, como órgano administrativo de dirección, coordinación e cooperación.

Os órganos colexiados asesores:

Os arquivos públicos e privados correspondentes a:

  • Os arquivos das Universidades públicas radicadas en Galicia e os dos centros e estruturas delas dependentes
  • Os arquivos das notarías e rexistros públicos radicados en Galicia.
  • O Arquivo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a rede de arquivos xudiciais
  • Os arquivos doutras institucións e entidades públicas de carácter estatal ou internacional radicados en Galicia que se integren de acordo co establecido na Lei de arquivos
  • Os arquivos privados que se integren de acordo co establecido na Lei de arquivos
 

Sistema de Arquivos de Galicia

Como integrarse no Sistema de Arquivos de Galicia

Requisitos da integración

Todos os arquivos do Sistema de Arquivos de Galicia deben cumprir os requisitos técnicos que se establezan nun regulamento, e, en especial:

  1. Aplicar un sistema de xestión documental que garanta a autenticidade, fiabilidade, dispoñibilidade e integridade dos documentos.
  2. Aplicar a todos os documentos a normativa de valoración que rexerá para a súa conservación, en razón do seu valor xurídico e histórico, ou ben a súa eliminación.
  3. Dispor de persoal suficiente e cualificado desde o punto de vista técnico e profesional. Dispoñer das infraestruturas e orzamentos necesarios para garantir a conservación dos fondos documentais e o seu acceso público.
  4. Dispor dun horario de apertura ao público non inferior a vinte horas semanais.

Beneficios da integración

  • Acceso a programas de apoio técnico e económico e ás medidas de fomento da Xunta de Galicia, en función das dispoñibilidades orzamentarias.
  • Acceder aos servizos de conservación, reprodución, informatización e outros que se poidan establecer dentro dos plans e programas da Xunta de Galicia
 

Sistema de Arquivos de Galicia

O Servizo do Sistema de Arquivos

É a unidade administrativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dependente da Subdirección Xeral de Arquivos e Museos que coordina as actuacións en materia de arquivos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ten como funcións

  • Coordinación e dirección técnica do sistema galego de arquivos e dos subsistemas e redes que o integran, así como a inspección dos arquivos e o seu patrimonio documental.
  • Xestión dos arquivos de titularidade autonómica, adscritos a esta Consellería os de titularidade estatal de xestión transferida a Comunidade Autónoma de Galicia
  • Actualización e control do Censo-guía de arquivos
  • Inventario do patrimonio documental custodiado nos arquivos galegos, así como o control dos movementos , restauracións e reproducións do patrimonio documental custodiado neles
  • Apoio e asesoramento técnico nas materias de patrimonio documental de arquivos
  • Programación, coordinación e xestión das actuacións en materia de incremento, conservación, organización, descrición e difusión do patrimonio custodiado nos arquivos galegos
  • Taxación de bens culturais de carácter documental con fins administrativos

Trámites

 

Sistema de Arquivos de Galicia

Contacto

Subdirección Xeral de Arquivos e Museos. Servizo do Sistema de Arquivos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás s/n

15707 Santiago de Compostela

Correo electrónico: servizodearquivos.cultura@xunta.gal