Integración no Sistema de Arquivos de Galicia

Integración no Sistema de Arquivos de Galicia

 

Os arquivos privados e os arquivos públicos mencionados no artigo 30.e) da Lei 7/2014, do 26 de setembro de arquivos e documentos de Galicia, poderán integrarse no Sistema de Arquivos de Galicia por iniciativa  das súas persoas titulares, mediante a correspondente orde da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental de Galicia, logo do informe do Consello de Arquivos de Galicia.

Beneficios da integración

  • Acceso a programas de apoio técnico e económico e ás medidas de fomento da Xunta de Galicia, en función das dispoñibilidades orzamentarias.
  • Acceder aos servizos de conservación, reprodución, informatización e outros  que se poidan establecer dentro dos plans e programas da Xunta de Galicia

Requisitos

  1. Aplicar un sistema de xestión documental que garanta a autenticidade, fiabilidade, dispoñibilidade e integridade dos documentos.
  2. Aplicar a todos os documentos a normativa de avaliación que rexerá a súa conservación, en razón do seu valor xurídico e histórico, ou ben a súa eliminación
  3. Dispoñer de persoal suficiente e cualificado dende o punto de vista técnico e profesional.
  4. Dispoñer das infraestruturas e orzamentos necesarios para garantir a conservación dos fondos documentais e o seu acceso público. Dispoñer dun horario de apertura ao público non inferior a vinte horas semanais.
  5. Cumprir os requisitos técnicos que se establezan nun regulamento.

Procedemento

Solicitude das persoas titulares dos arquivos á Consellería de Cultura, Educación e Universidade