Arquivo da Deputación Provincial de Lugo

1. Identificación

  • 1.1. Código identificador
    ES GA 27028 ADLU
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo da Deputación Provincial de Lugo
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo de la Diputación Provincial de Lugo
  • 1.4. Outras formas do nome
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos de Deputacións Provinciais

2. Área de Contacto

  • 2.1. Localización
    Tolda de Castela, s/n, 27002 Lugo
  • 2.2. Enderezo
    LUGO
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 982 304 043
    Fax:
    +34 982 304 511
    Email:
    arquivo@deputacionlugo.org
    Web:
    https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/arquivo/home
  • 2.4. Persoas de contacto
    Sabela Gayoso Carreira, xefa de Sección do Arquivo

3. Área de Descrición

  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    En Galicia, a primeira Deputación constitúese o 19 de marzo de 1813, presidida polo marqués de Campo Sagrado, contando cun vicepresidente e sete vocais representando as sete cidades capitais das antigas provincias. O nacemento da provincia como entidade local con vida propia data da Constitución de Cádiz, aprobada no ano 1812, que estableceu por vez primeira no seu artigo 325 unhas institucións, as deputacións provinciais, concibidas como órgano rector de cada unha delas, presididas polo xefe superior e con funcións básicas de control e vixilancia da administración dos lugares que integran aquela. Haberá que esperar ata o decreto das Cortes de 27 de xaneiro de 1822 para que se plasme unha nova división provincial que divide a Galicia nas catro provincias actuais. Co decreto de 30 de novembro de 1833, inspirado por Javier de Burgos, iníciase o proceso definitivo que culmina coa restitución das catro provincias galegas actuais e a constitución das Deputacións actuais, sendo o 12 de febreiro de 1836 cando se constitúe definitivamente a de Lugo. Desde o ano 1836 ata hoxe, a Deputación vén desempeñando con total continuidade un amplo abano de funcións e actividades, que foron variando de acordo coa lexislación aplicable en cada momento. Inicialmente, a Constitución de Cádiz asígnalle as funcións de aprobar os repartimentos das contribucións dos pobos da provincia, velar polo axeitado investimento dos fondos públicos, coidar o establecemento dos concellos, propoñerlle arbitrios ó Goberno, promover a educación, a agricultura e a industria, formar o censo e a estatística provincial, coidar dos centros benéficos e dar conta das infraccións que xurdan na provincia. A lexislación actual asígnalle as competencias propias de coordinar os servizos municipais entre si para garantir a súa prestación adecuada; a asistencia xurídica, económica e técnica ós concellos; a prestación de servizos públicos de carácter supramunicipal e, en xeral, o fomento dos intereses particulares da provincia.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    A deputación de Lugo, creada polo Real decreto de 21 de setembro de 1835, ten como función o goberno, administración e prosperidade da provincia. A provincia de Lugo é a máis extensa das catro provincias galegas se ben e só a terceira en número de habitantes, 355.549, repartidos en 67 concellos. A súa capital e sede da deputación é a cidade de Lugo.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia. Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local. Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais. Regulamento do arquivo xeral da Deputación de Lugo. Regulamento orgánico da Deputación Provincial de Lugo.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Presidencia Arquivo Provincial
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencias anuais dende os diferentes servizos, centros e Organismos da Deputación Provincial fixadas nun calendario de transferencias. Son posibles outras vías de ingreso ben por doazón, depósito ou adquisición.
  • 3.6. Edificio
    Existen referencias documentais do Arquivo da Deputación de Lugo dende mediados do século XIX. O seu local principal estivo en distintas localizacións do Pazo de San Marcos, en Lugo, se ben ao longo da súa historia diferentes agrupacións documentais foron almacenadas noutros lugares, como varios dos pavillóns do Fogar de Santa María. Na actualidade, ocupa o edificio do antigo hotel Miño, situado na Tolda de Castela, e que foi adquirido pola Deputación Provincial en 1984. Funcionou como residencia universitaria e para deportistas até que en 2011 se instalou definitivamente o servizo de Arquivo.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Aínda que custodia outros fondos, é o da propia institución provincial o máis importante e voluminoso. Ese fondo abrangue documentación dos actuais 67 concellos da provincia e dá testemuño das transformacións que se deron neles dende o século XIX, entre as que destaca a segregación de Rábade de Begonte en 1925, a creación do concello de Negueira de Muñiz en 1928, a segregación de Burela de Cervo en 1994 e a fusión de Vilameá e Vilaoudriz en 1963 da que nacería o concello da Pontenova. En relación con isto, tamén é necesario sinalar certos cambios na denominación de algúns concellos que se poden apreciar na documentación custodiada no Arquivo. Así, en 1857, Cabarcos e Doncos adoptaron as actuais denominacións de Barreiros e As Nogais; do mesmo xeito, Rendar converteuse no Incio en 1877, Trasparga en Guitiriz (1945), Riobarba tomou o nome do Vicedo en 1952 e Neira de Xusá pasou a ser Baralla en 1975.
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    https://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/Gu%C3%ADa%20do%20AXDL2022_0.pdf https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/arquivo/descri https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/arquivo/Cuadro%20de%20Clasificaci%C3%B3n https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=107 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=35899

4. Área de Acceso

  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Acceso libre. Existen cautelas para documentos que conteñen datos de carácter persoal
  • 4.3. Accesibilidade
    Si

5. Área de Servizos

  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    Biblioteca especializada
  • 5.2. Servizos de reproducción
    O Regulamento do Arquivo contempla a reprodución documental en calquera dos soportes tanto en papel, coma en soportes especiais, (fotografía, disquetes ou CD). O Arquivo proporciona aos seus usuarios copias da documentación que precisan sempre e cando as condicións dos materiais o posibiliten. Permítese o emprego de medios propios dos usuarios (cámaras fotográficas, teléfonos móbiles) de balde e de xeito acorde ás condicións de acceso á documentación. Do mesmo xeito, o Arquivo pode proporcionar fotocopias e dixitalizacións en tamaño até DIN A3, baixo as mesmas premisas anteriormente descritas.
  • 5.3. Espazos públicos

6. Área de Control

  • 6.1. Identificador de descrición
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08-22 [ISO 8601]. Revisión: 2015-01-29 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento