3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O arquivo municipal formouse nun proceso natural de funcionamento do propio concello vencellado á súa historia e ubicación física.O concello de Bóveda nace no ano 1840, formado polas parroquias que hoxe en día o compoñen. A reforma do 1840 foi deposta pola Xunta revolucionaria do Goberno Provisorio de Lugo, nunha circular de 9 de outubro, na que aparece o concello de Bóveda, subsistindo o de Somoza Maior de Lemos ata a celebración de eleccións para a súa integración no de Bóveda. Non houbo alteracións municipais dende 1845, se ben aumentouse unha parroquia coa creación da parroquia de Vilarbuxán, pasando de 13 a 14 parroquias, que agrupan un total de 52 entidades singulares de poboación. A capital municipal: Bóveda, ten título de vila, outorgado no ano 1907.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Bóveda, situado na comarca de Lemos, conta con 1.570 habitantes repartidos en 14 parroquias. No seu patrimonio destaca o pazo dos Marqueses de Bóveda do século XVIII. Durante o Antigo Réxime, as parroquias que integran o actual concello de Bóveda pertenceron as xurisdiccións da Pobra do Brollón, Guntín, Canedo, Somoza Maior de Lemos e aos coutos redondos de Bóveda, Ver e Vilalpape, todos da antiga provincia de Lugo, e a maior parte baixo o señorío do Conde de Lemos. Co establecemento dos termos municipais pola Constitución de 1812, as parroquias de Bóveda, Martín, Ribas Pequenas, Ver e Vilalpape incluíronse no concello de Fiolleda, no partido de Monforte de Lemos, mentres as restantes quedaron adscritas ao concello de Guntín, no partido de Sarria. Derrogada a Constitución no 1814 retomouse a administración señorial. No Trienio Liberal (1821-1823) restablecéronse estes dous concellos, que foron adscritos á provincia de Lugo en 1822. Suprimida de novo a Constitución en 1823, houbo que agardar ata 1835 para a restauración da administración municipal, nacendo nesa data o concello de Somoza Maior de Lemos, nembargantes as parroquias do actual concello de Bóveda estaban incluidas nos municipios da Pobra do Brollón e Couto Vello. Finalmente, o concello de Bóveda nace no ano 1840, formado polas parroquias que hoxe en día o compoñen. A reforma do 1840 foi deposta pola Xunta revolucionaria do Goberno Provisorio de Lugo, nunha circular de 9 de outubro, na que aparece o concello de Bóvedo, subsistindo o de Somoza Maior de Lemos ata a celebración de eleccións para a súa integración no de Bóveda. Non houbo alteracións municipais dende 1845, se ben aumentóuse unha parroquia coa creación de Vilarbuxán, pasando de 13 a 14 parroquias, que agrupan un total de 52 entidades singulares de poboación. A capital municipal, Bóveda, ten título de vila, otorgado no ano 1907.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Bóveda. Secretaría Arquivo Municipal
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo situado nun edificio próximo ao Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/inventariodinamico.htm?archivoId=35921&estado=&esaltarepo=&esmodirepo=&idArchivoPadre=&id=