3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O arquivo municipal formouse nun proceso natural de funcionamento do propio concello vencellado á súa historia e ubicación física. En 1840 produciuse unha reforma da división xudicial e municipal da provincia de Lugo que estableceu o concello de Cervo, ao que pasou a pertencer a parroquia de Burela. A capital do concello quedou establecida en Cervo.
Tramitouse varias veces o expediente para cambiar o nome do concello de Cervo polo Concello de Burela, sen resultado. Finalmente, en 1994 a localidade de Burela separouse de Cervo, constituíndose en concello.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Con 9.672 habitantes nunha soa parroquia, é o terceiro concello máis densamente pobaoado de Galicia, e un dos seus principais portos. Garda notables vestixios como o Castro de Burela (ocupado entre os ss. III e II a.C.), onde se atopou un famoso torques. A antiga provincia de Mondoñedo incluía tres núcleos de relativa importancia como eran a propia cidade e as vilas de Ribadeo e Viveiro, 30 xurisdiccións e 16 cotos entre os que se atopa o de santa María de Burela. Coa Constitución de Cázdiz de 1812 termínanse as antigas xurisdiccións e xurden os novos concellos polo Real Decreto de 23 de xullo de 1835, entre os que figuran os de San Cibrao coas parroquias de Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa, Sargadelos e Vilaestrofe, e o de San Xián de Nois coa parroquia de Santa María de Burela. En 1840 créase o partido xudicial de Viveiro no que se inclúe o novo concello de Cervo que incorpora as parroquias dos dous anteriores. O concello de Cervo non ten variacións desde 1945 ata 1994 en que a parroquia de Burela iniciou os trámites para segregarse como concello independente, proceso que rematou no 2002.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Burela. Secretaría Arquivo Municipal
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
-