3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación.
O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición.
Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Chantada, capital da comarca homónima, ten 8.649 habitantes en 36 parroquias e está incluído na Ribeira Sacra. Terra surcada polo río Miño e o encoro de Belesar, nela atópanse numerosos castros e fortificacións, como Castro Candaz ou a fortaleza de Pereira. O actual municipio comenza a súa andaina coas reformas de 1835 que crearon as novas demarcación sadministrativas. Tras diversos ensaios e rectificacións, quedou constituído definitivamente no ano 1840. Nestes momentos tamén se crea o concello de Carballedo ao que se agregan diversas parroquias e coutos que pertencían a Chantada: Chouzán, Vilaquinte, Cartelos, Buciños, San Mamede e Santiago de Losada, Carballedo, Milleirós, Olleros e Pradeda. O municipio do Saviñao beneficiouse tamén das reformas ao pasar a pertencerlle as parroquias de Freán e Vilaesteba.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Chantada. Secretaría Arquivo Municipal
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo situado nun edificio próximo ao Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=36695
http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es/consulta/registro.do?id=685490