3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O arquivo municipal formouse nun proceso natural de funcionamento do propio concello vencellado á súa historia e ubicación física. Dende a súa fundación no ano 1987, o arquivo paosu por varios espazos físicos. Estivo primeiro nas dependencias municipais da rúa do Comercio nº 6, ata que o espazo foi insuficiente, pasando a ocupar unhas oficinas alugadas na Praza de España. Co cambio da Corporación Municpal no ano 1995, parte dos fondos do arquivo pasan á Casa da Cultura onde estiveron ata xuño de 2001 que se trasladaron á actual ubicación. Non se teñen novas de grandes catástrofes (incendios, inundacións…), pero si é constatable que durante moitos anos a documentación non estivo nas mellores condicións físicas para a súa conservación.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Monforte de Lemos, situado na comarca de Lemos, conta con 19.426 habitantes repartidos en 27 parroquias. No seu patrimonio destacan a Fortaleza Medieval e o colexio de Nosa Señora da Antiga.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Monforte de Lemos. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=655216