3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O arquivo municipal formouse nun proceso natural de funcionamento do propio concello vencellado á súa historia e ubicación física. Trala división territorial de España en 1833 as parroquias pasaron a depender do concello de Viveiro, constituíndose oficialmente o concello de Ourol o 31 de decembro de 1840. En 1854 o concello foi suprimido durante uns meses, sendo restituído por Real Decreto o 25 de agosto dese mesmo ano. Coa revolución de 1868 a Xunta Revolucionaria volveu suprimir o concello, sendo restituído o 24 de novembro dese mesmo ano.
O primer documento que se conserva edo ano 1940.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Ourol, situado na Mariña Occidental, conta con 1.123 habitantes repartidos en 9 parroquias. Conta cun gran patrimonio relixioso e etnográfico, así como numerosas casas de indianos. O 31 de decembro de 1840 constitúese o novo concello que se crea como concello independente de Viveiro. En 1854, coincidindo cunha revolución xeral no Estado, o concello é suprimido por orde da Xunta Provincial, pasando a formar parte de Viveiro, volvendo a constituirse de novo ese mesmo ano. En 1860 volve a proposta para a supresión do concello que non vai para adiante ata que, coa nova revolución de 1868, a Xunta Revolucionaria o suprime para a finais desde mesmo ano voltarse a constituir.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Ourol. Secretaría Arquivo Municipal
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal/arquivos-de-galicia/resources/fondos/Ourol_cadro.pdf