• 1.1. Código identificador
    ES GA 15902 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de OZA-CESURAS
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Oza-Cesuras
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 2.1. Localización
    Rúa de Lois nº 33 15388 Oza-Cesuras (A Coruña)
  • 2.2. Enderezo
    OZA-CESURAS
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 981 792 000
    Fax:
    +34 981 792 025
    Email:
    correo@concellodeozacesuras.es
  • 2.4. Persoas de contacto
    Sen persoa específica.
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A creación do Concello coruñés de Oza-Cesuras, producto da fusión de Oza dos Ríos con Cesuras, prodúcese no mes de xuño de 2016. Por lei, ambas corporacións foron disoltas e, ata celebración de novas eleccións (maio del 2013), unha xestora asumiu o control de Oza-Cesuras. Antes da fusión, cada concello tiña o seu arquivo pero desde a unión, todo o arquivo municipal concéntrase no edificio do Concello situado en Oza.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Concello pertencente á comarca coruñesa de Betanzos, atópase situado na zona central da provincia. Creado no ano 2013 fruto da fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras, ten unha superficie de 151,6 km2 e conta cunha poboación de 5.275 habitantes repartidos en 25 parroquias. Cando aparecen os novos concellos constitucionais no que hoxe é concello de Oza dos Ríos, figura o concello de Enxertados, parroquia de Parada, onde ten lugar unha grande romaría, que figura no partido de Betanzos, e aparece nos documentos que fai a entón Deputación única de Galicia. No ano 1822 se fai a división de Galicia en catro provincias, Enxertados, que segue no mesmo partido xudicial de Betanzos, pasa a depender da provincia da Coruña. Cando se fan os proxectos para levar á practica o R.D. de 23 de xullo de 1835 e se publica pola Deputación Provincial o proxecto do partido xudicial de Betanzos. O proxecto foi levado para a aprobación definitiva á sesión da Deputación Provincial do 6 de xuño de 1836, onde o proxecto do partido xudicial de Betanzos, sufriu modificacións; en relación co concello de Oza acadouse que lle fose incorporada unha nova parroquia, a de San Nicolás de Cines, que estaba no proxecto do concello de Abegondo. O 18 de xuño de 1836 aparece publicada a instalación definitiva do partido xudicial de Betanzos, na que o concello de Oza consta das seguintes parroquias: San Pedro de Oza, Santo Estevo de Parada, San Martiño de Bandoxa, Santiago de Reboredo, Santa María da Regueira, San Pedro de Porzomillos, Santa Cruz de Mondoi, San Tomé de Salto, Santa María de Cuíña, Santo Estevo de Vivente e San Nicolás de Cines. O 27 de xuño de 1836 Santa María de Rodeiro foi segregada de Aranga e incorporada a Oza. Até 1916 o nome recibía simplemente o nome de Oza, pero nese ano pasou a ser chamado Oza dos Ríos para distinguilo do antigo concello de Oza, anexionado en 1912 ao da Coruña. En marzo de 2012 iniciou un proceso de fusión xunto ao veciño concello de Cesuras. O 11 de xaneiro de 2013 os dous concellos aprobaron a fusión nos respectivos plenos da corporación municipal.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Oza-Cesuras, Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello. Antes da fusión, cada concello tiña o seu arquivo pero desde a unión, todo o arquivo municipal concéntrase no edificio do Concello situado en Oza.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    1 CONCELLO 2 XULGADO 3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS 4 ARQUIVOS NOTARIAIS 5 CÁMARAS AGRARIAS 6 OUTROS FONDOS 7 CONCELLO DE
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/inventariodinamico.htm?archivoId=29633&estado=&esaltarepo=&esmodirepo=&idArchivoPadre=&id=
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 8:30 a 15:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentacion de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    O Arquivo ofrece aos investigadores, ciudadáns e institucions públicas orientación e búsqueda de información sobre os fondos que custodia.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Non.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador.
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial.
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2015-02-10 [ISO 8601]. Revisión: 2020-09-28 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    Oza-Cesuras foi creado o 6 de xuño do 2013 fruto da fusión dos municipios de Oza dos Ríos e Cesuras. Por esta razón, o enlace ao Censo -Guía de Archivos de España e Iberoamérica corresponde só a Oza dos Ríos.