3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación.
O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición.
Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Concello pertencente á coruñesa comarca de Bergantiños, atópase situado na parte occidental da provincia. Dispón dunha superficie de 47,47 km2 e conta cunha poboación de 6.706 habitantes repartidos en 15 parroquias. Nos tempos do antigo réxime, o termo municipal do concello de Coristanco, estaba adscrito as xurisdicións de Mens, Xaviña, Xallas, Seavia e Nogueira, e o couto redondo de Agualada, todas elas na provincia de Santiago, e as xurisdicións de Bergantiños e Ardaña, na provincia da Coruña. Coristanco xa está documentado na relación dos novos concellos constitucionais e aparece no repartimento de tributos da Deputación única de 1821, pertencendo o partido xudicial de Sísamo. Cando se produce a división de Galicia en catro provincias, no ano 1822, o municipio segue pertencendo ao partido de Sísamo, e desde agora, á provincia de A Coruña. Na distribución de novos concellos que impulsan as autoridades no ano 1835, e que se aprobou definitivamente en xuño de 1836, aparece coa denominación de “San Pelayo de Coristanco”(San Paio), dentro do partido xudicial de Carballo e conformado polas quince parroquias que ten na actualidade. Neste ano Coristanco contaba con 4.474 habitantes e 962 casas, sendo a parroquia máis poboada a de San Mamede de Seavia(603 almas), por diante de San Pedro de Valencia(409) e San Pelayo de Coristanco(407). No 1842 hai un acordo para suprimir concellos, entre eles o de Coristanco. A proposta repartía as parroquias de Coristanco entre Carballo e Cabana. Finalmente todo quedou en papel mollado. O concello de Coristanco tivo a súa capital municipal no lugar de Furoca, onde estaba a casa consistorial desde 1860 ata 1960. Este núcleo tiña nos anos 20, uns sesenta habitantes e nos anos 50, rexistraba idénticas cifras. Nos anos 60, a capitalidade pasa a San Roque (Traba), ata hoxe en día. O acto de inauguración tivo lugar no ano 1966.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
Concello de Ames. Secretaría Arquivo Municipal.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Coristanco. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/inventariodinamico.htm?archivoId=29463&nodeId=78162&pagina=0