• 1.1. Código identificador
    ES GA 15030 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal da Coruña
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de A Coruña
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A súa orixe remóntase á aparición do municipio como tal e á necesidade que teñen os cidadáns de deixar constancia dos seus actos e acordos por escrito. A partir do século XIII contamos con testemuños documentais da existencia do Concello de A Coruña e, polo tanto, do seu arquivo. Dende a súa aparición, o escribán do Concello é o responsable da súa custodia ata que a principios do século XX se crea a figura do arquiveiro-bibliotecario. En 1989 desdóbrase a praza, tipificándose as funcións de cada un deles, situación que se mantén na actualidade. O emprazamento do arquivo sufriu diferentes avatares ligados á historia do municipio. Dende a súa ubicación na torre da Igrexa de Santiago, a comezos do século XVI, ata a súa sede actual, o seu devir estivo ligado á situación da propia Casa Consistorial. A principios do século XX, constrúese o Pazo Municipal na Praza de María Pita, localizándose o Arquivo no primeiro andar. En 1966 realízase un estudo para instalar o arquivo adminsitrativo configurándose físicamente no sistema de arquivos do Concello, escolléndose os sotos do edificio para acoller a documentación máis recente. Posteriormente, en 1978, trasladouse o arquivo histórico ao antigo edificio de Facenda, na rúa Durán Loriga, onde ocupa hoxe diferentes plantas en función das necesidades de acomodación das institucións e servizos que alberga a construción. Este arquivo está constituído basicamente polo fondo propio do concello e outros fondos, públicos e privados, que se foron incorporando ao longo dos anos. Custodia documentación que comprende cronolóxicamente dende o século XIII até a mitade do século XX. Na actualidade, condicionado polo seu continuo crecemento, encóntrase en periodo de organización e descrición. Estas tarefas técnicas discorren parellas a unha serie de traballos de difusión que complementan as actividades do centro.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Capital da provincia homónima, o centro da cidade esténdese sobre unha península unida a terra firme por un estrecho istmo polo que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria cara a ría da Coruña, e outra cara mar aberto. Dispón dunha superficie de 37,83 km2 e conta cunha poboación de 244.810 habitantes repartidos en 46 núcleos de poboación. Aínda que hai constancia de asentamentos prerromanos, en 1208 a cidade foi refundada por Alfonso IX trasladando aos habitantes da cercana poboación do Burgo hasta a cidade vella e outorgándolle o foro de Benavente pasando a ser un enclave directamente dependente do rei. Na Idade Moderna aséntase nela a sede da Real Audiencia de Galicia e durante o reinado de Carlos III autorizouse a varios portos, entre eles o da Coruña, a comerciar directamente coas colonias americanas. A partir dese momento a cidade despunta economicamente. A finais do século XIX comezan a instalarse na cidade novas industrias e bancos que sentaron a base da urbe moderna.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    O Arquivo Municipal de A Coruña está dividido en dúas partes: o arquivo de xestión, que depende de Interior, e o arquivo histórico, que depende de Cultura.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    O fondo do concello e o fondo público máis voluminoso e o que lle da carta de natureza á institución. Os ingresos son por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo situado nun edificio distinto do Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    1 CONCELLO 2 XULGADO 3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS 4 ARQUIVOS NOTARIAIS 5 CÁMARAS AGRARIAS 6 OUTROS FONDOS 7 CONCELLO DE
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=46 Tríptico-guía del AMC. La Coruña: Ayuntamiento, 1997. http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=55802
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 8:00 a 14:30 .
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Requírese presentar o DNI e cubrir unha ficha de consulta.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    Información oral y escrita. Préstamos de documentos a las oficinas municipales. Consulta de documentos en sala. Reprografía. Actividades culturales. Biblioteca auxiliar.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Sala de investigadores.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador.
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial.
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2015-01-28 [ISO 8601]. Revisión: 2020-09-29 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -