3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación.
O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición.
Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Concello pertencente á comarca coruñesa de Betanzos, atópase situado na zona oriental da provincia. Dispón dunha superficie de 68,59 km2 e conta cunha poboación de 1.421 habitantes repartidos en 7 parroquias. O territorio que abarca o municipio de Irixoa pertenceu dende a época medieval ao arciprestado de Pruzos, bispado de Santiago de Compostela. Nestes territorios, que se estendían dende o río Lambre ata o Mandeo, incluíndo tamén as parroquias de Paderne e Adragonte, exercían o seu poder os Condes de Lemos. Un xuíz, nomeado polo conde, ditaba xustiza dende o Pazo de Irixoa, hoxe capital municipal. O nome de Pazo de Irixoa parece deberse a que nese núcleo residía a xustiza da xurisdición de Pruzos, aínda que non hai constancia de ningún elemento arquitectónico que apoie esta teoría. As terras que comprende actualmente o termo municipal de Irixoa pertencían no Antigo Réxime á provincia de Betanzos, unha das sete do Antigo Reino de Galicia. Irixoa pasa a formar parte da provincia da Coruña dende que o Decreto das Cortes de 27 de xaneiro de 1822 e o Real Decreto de 30 de novembro de 1833, dividen Galicia en catro provincias. Os primeiro partidos xudiciais créanse en 1820. Dende entón Irixoa pertence ao de Betanzos.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Irixoa. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=77770