3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O arquivo municipal formouse nun proceso natural de funcionamento do propio concello vencellado á súa historia e ubicación física. Coa orixe nas Cortes de Cádiz uns efímeros concellos crearonse en 1820 coa base territorial das antigas xurisdiccións. Foron estos: Trasancos formado polas parroquias de Pedroso, Sequeiro, Lago, Lourido, Meirás, Valdetires e Taraza); Pedroso formado polas feligresías de Pedroso, Dodo e Monte; Xuvia, San Mateo, O Val; Sedes; e Narón. Estes concellos nunca chegarían a funcionar e haberá que esperar a 1837 para que comence a andadura na casa da Pena de Embade o concello de Narón.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Concello pertencente á comarca coruñesa de Ferrolterra, atópase situado no norte da provincia entre a ría de Ferrol e o océano atlántico. Dispón dunha superficie de 67 km2 e conta cunha poboación de 39.450 habitantes repartidos en 8 parroquias. O concello comenza a súa andaina en 1837 na casa da Pena de Embade, trasladándose no ano 1960 a casa consistorial a Xuvia.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Narón. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=45
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=78123