• 1.1. Código identificador
    ES GA 15060 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Oroso
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Oroso
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 2.1. Localización
    Praza de Isaac Díaz Pardo, nº1, 15688, Sigüeiro, Oroso (A Coruña)
  • 2.2. Enderezo
    OROSO
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 981 691 478
    Fax:
    +34 981 691 786
    Email:
    concello@oroso.gal
  • 2.4. Persoas de contacto
    Javier Santos. Xefe de negociado de Servizos Xerais e Arquivo
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O arquivo municipal formouse nun proceso natural de funcionamento do propio concello. A proclamación da constitución de 1812 supuso a abolición do réximen señorial e a súa sustitución por unha administración territorial. Naquel momento produxose a creación dos municipios de Pasarelos e Oroso. En 1823 o rei Fernando VII derogou a constitución, feito que supuxo a supresión distos municipios e a restauración do réximen señorial. A definitiva recuperación do municipalismo produxose en 1835, cando constituiuse o municipio con seus límites actuales. O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición. Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Concello pertencente á comarca coruñesa de Ordes, atópase situada na zona central da provincia. Dispón dunha superficie de 72,1 km2 e conta cunha poboación de 7.328 habitantes repartidos en 11 parroquias. A súa capital é a vila de Sigüeiro. Durante o Antigo Réxime as parroquias que integran o concello de Oroso pertencían a xurisdicción de Folgoso, señorío do conde de Altamira, á xurisdicción de Mesía administrada polo arcebispo de Santiago, e a de Sigüeiro do Deán, señorío do deán de Santiago. A proclamación da Constitución de 1812 supuso a abolición do réxime señorial e a súa substitución por unha administración territorial. Naquel momento se crean os concellos de Pasarelos e Oroso. No ano 1823 o rei fernando VII derogou a constitución, feiro que supuso a supresión destes municipios e a restauración do réxime señorial. A definitiva recuración do municipalismo tivo lugar en 1835 cando se constituiu o concello cos seus límites actuais.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Oroso. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    1 CONCELLO 2 XULGADO 3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS 4 ARQUIVOS NOTARIAIS 5 CÁMARAS AGRARIAS 6 OUTROS FONDOS 7 CONCELLO DE
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=78352
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 12:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    O Arquivo ofrece aos investigadores, ciudadáns e institucions públicas orientación e búsqueda de información sobre os fondos que custodia. Poden poñerse en contacto por correo ordinario, correo electrónico ou fax.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Non.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador.
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial.
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-10-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-01 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -