3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación.
O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición.
Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Concello pertencente á comarca coruñesa do Barbanza, atópase situado na zona sudoccidental da provincia. Dispón dunha superficie de 58,8 km2 e conta cunha poboación de 11.598 habitantes repartidos en 6 parroquias. Na economía da zona predomina o sector primario vinculado a pesca de baixura, o marisqueo e o cultivo do mexillón. Coa caída do Antigo Réxime, a vila e xurisdicción de Rianxo víronse afectadas de forma moi notable. Así a parroquia de Taragoña encabezou un movemento acolléndose á Constitución de 1812, para crear máis duna concello na antiga xurisdicción, movemento que non chegou a prosperar. Durante o Trienio Liberal Asados foi concello constitucional coas parroquias de Araño, Leiro e Isorna, quedando fçora Rianxo e Taragoña que por si formarían concello. Finalmente en 1835 queda establecido o concello de Rianxo co seus límites actuais.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Rianxo. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo situado nun edificio próximo ao Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/inventariodinamico.htm?archivoId=29880&estado=&esaltarepo=&esmodirepo=&idArchivoPadre=&id=