• 1.1. Código identificador
    ES GA 15078 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Santiago de Compostela
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Santiago de Compostela
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación. O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición. Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental. O fondo documental do arquivo (exceptuando licencias de aperturas) abarca dende o ano 1961 en adilante. Os documentos anteriores atópanse no Arquivo Histórico Universitario. Os expedientes de licencias de obras que figuran actualmente neste Arquivo Municipal son dende o ano 1961 ata 1998, os posteriores atópanse na oficina de Licencias de Obras.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Capital da coruñesa comarca á que lle da nome, atópase situado na zona sur da provincia. Dispón dunha superficie de 220 km2, un dos máis grandes da provincia, e conta cunha poboación de 95.800 habitantes. O nacemento da cidade, tal como se a coñece agora, está ligada o descubrimento (presunto) do restos do Apóstolo Santiago entre o 820 e 835, a elevación ao rango relixioso dos restos , a universidade fundada en 1495 e, na actualidade, coa su designación como capital de Galicia. A cidade vella foi declarada patrimonio da humanidade pola Unesco desde 1985. O concello incorporou ao longo do século XX os antigos municipos de Conxo (incorporado en 1925) e Enfesta (1962). Actualmente basa a súa economía en sectores moi diversificados como a universidade, a sede administrativa do goberno autonómico, o turismo cultural e a industria en especial a madereira (Finsa) e telecomunicacións (TVG o Televés).
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Secretaría Xeral Arquivo do Concello de Santiago de Compostela.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    O fondo do arquivo (excepto as licenzas de apertura) abrangue do ano 1955 en adiante, os anteriores están depositados no AHUS. Os expedientes de licenzas de obras que figuran no AM son dende 1955 a 1998, os seguintes están na oficina de Licenzas de Obras.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    1 CONCELLO 2 XULGADO 3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS 4 ARQUIVOS NOTARIAIS 5 CÁMARAS AGRARIAS 6 OUTROS FONDOS 7 CONCELLO DE
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=78358
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9:00h a 14:00h. Pechado ao público: tódolos festivos de índole estatal, autonómica e local.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Non.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    O Arquivo ofrece aos investigadores, ciudadáns e institucions públicas orientación e búsqueda de información sobre os fondos que custodia. Poden poñerse en contacto por correo ordinario, correo electrónico ou fax.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador.
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial.
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-12-19 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-01 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -