3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación.
O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición.
Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Concello pertencente á comarca de Valdeorras, dispón dunha superficie de 91,17 km2. e unha poboación de 1.013 habitantes repartidos en numerosas parroquias entre as que destacan Santa Cruz, Chao das Donas e Cambela. No Antigo Réxime, as parroquias que integran o actual municipio do Bolo pertencían á xurisdición de realengo do Bolo e de Viana do Bolo, rexidas polos respectivos alcaldes ordinarios en nome do rei. Co establecemento dos primeiros concellos constitucionais en 1812 creouse o municipio do Bolo integrado no partido xudicial de Valdeorras e na provincia única de Galicia. A administración propia do Antigo Réxime restableceuse en 1814, tras a derrogación da constitución por decreto-lei de Fernando VII. No Trienio Liberal restaurouse a constitución e con ela o municipalismo. Neste período dividiuse a provincia de Galicia (1822) Incluíndo case toda a comarca de Valdeorras na provincia de Villafranca del Bierzo, excepto Ou birlo, que pasou a formar parte do partido de Viana e por conseguinte da nova provincia de Ourense. Posteriormente e unha vez restaurado o municipalismo en 1834, establécese este municipio cos mesmos límites que o actual dependente do partido xudicial de Vilamartín e integrado na nova provincia de Orense. Pouco despois volveu de novo ao partido de Viana, no que permaneceu ata a súa supresión en 1867, data na cal incorporouse ao barco de Valedoras. Actualmente pertence ao partido xudicial de Poboa de Trives
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de O Bolo. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/inventariodinamico.htm?archivoId=10095&estado=&esaltarepo=&esmodirepo=&idArchivoPadre=&id=