3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación.
O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición.
Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Concello situado na beira do Miño e pertencente á comarca do Ribeiro, dispón dunha superficie de 26,88 km2. e dunha poboación de 1.191 habitantes repartidos en 7 parroquias. Durante o antigo réxime, as parroquias que integran o actual Concello de Cortegada distribuíanse entre o couto redondo da parroquia de Meréns, administrado polo conde de Fefiñáns, e a xurisdición de Refoxos, que integraba as parroquias de Rabiño, Refoxos e Valongo, baixo señorío do mosteiro de Celanova. Ámbalas dúas circunscricións estaban representadas pola provincia de Ourense. Coa proclamación da Constitución de 1812, suprimiuse o réxime xurisdicional e establecéronse os Concellos de Rabiño e Valongo integrados na provincia de Galicia. Sen embargo, en 1814, un decreto derrogatorio da Constitución asinado polo Rei Fernando VII, supuxo a restauración do Antigo Réxime e a súa administración señorial característica. En 1820, o pronunciamento do Coronel Riego deu paso a un novo período constitucional no que volveron estar vixentes os concellos de Rabiño e Valongo. Nesta época en 1822, o concello pasou á nova provincia de Ourense. Trala segunda derrogación da Constitución, en 1823 volveu de novo o Antigo Réxime. A instauración definitiva do municipalismo produciuse tralo reinado do Rei Fernando VII. Deste xeito constituíuse o Concello de Cortegada en 1835. Daquela, abranguía as parroquias de Meréns, Rabiño, Refoxos e Valongo. En 1893 segregáronse de Rabiño as parroquias de Cortegada e Louredo, mentres que a parroquia de Zaparín separouse de Refoxos. Dende entón non houbo variacións no territorio. Incluído no partido xudicial de Celanova ata 1965. Pasou de 1965 a 1988 ao de Ourense, e a partir desa data incorporouse ao de Ribadavia.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Cortegada. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=651149