3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación.
O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición.
Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Concello perentence a ourensá comarca da Baixa Limia, atópase situado sobre os vales do río Limia e Salas xunto á fronteira portuguesa. Dispón dunha superficie de 109,56 km2. e conta cunha poboación de 1.622 habitantes repartidos en 12 parroquias. Cando se establecen os novos concellos constitucionais no hoxe concello de Muíños e no seu termo, figuran tres concellos que son: Muiños, Couso de Salas e Maus de Salas, os tres pertencentes ao partido xudicial de Bande, e que como tales figuran nos documentos da Deputación de Galicia, entón única. Unha vez feita a distribución de Galicia en catro provincias a comenzos do ano 1822, os tres concellos seguen pertencendo ao partido xudicial de Bande, e agora a provincia de Ourense. A tramitación dos expedientes dos novos concellos segundo o Real Decreto do 23 de Xullo de 1835, iniciada polo goberno civil e completada logo pola Deputación de Ourense, no que se refire o Partido xudicial de Bande, a onde pertence Muíños, foi entregada polo gobernador á Deputación para informe na sesión do 26 de Outubro de 1835, e a mesma, xa na sesión do 15 de Novembro do 1835, entregou o expediente a unha comisión composta polo deputado do partido e dous máis, quenes o formularon, sendo a mesma examinada, na sesión da Deputación do 2 de Febreiro de 1836, e aprobada tal e como a formulara acordando remitirlle o expediente ao gobernador civil. Esta resolución tardou en ser publicada, agardando por outras, e pola aprobación da S.M. se ben os concellos que nela aparecen xa ben instalados, e o referente ao partido Xudicial de Bande, tivo lugar no BOPOR, Número 48, do 14 de Xullo de 1836, e na mesma aparecen as mesmas parroquias que ten na actualidade coa excepción de Santa maría de Cados segregada de San Pedro de Muíños.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Muiños. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=62353