3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación.
O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición.
Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Concello pertencente á comarca ourensá da Limia, presenta cara ao norte a serra de San Mamede e cara ao sur terras máis chas determinadas polo río Limia. Dispón dunha superficie de 77,3 km2. e cunha poboación de 1.587 habitantes repartidos en 9 parroquias. Na Edad Moderna, Sarreaus estaba dividido en varias xurisdiccions pertenecían aos nobles laicos e órdenes militares. Así, a Xurisdición de Xinzo, pertenecia ao Conde de Monterrei, incluía as parroquias e lugares de Sta. Mª de Perrelos, Santiago de Freixo e Sta. Mª de Lodoselo. A Xurisdicción da Pena a da Torre de Portela da Limia, pertenecían o Conde de Lemos, albergaba os lugares de Folgoso, O Penedo, Meilás, Cortegada, Bresmaus, A Portela da Quinta, Sarreaus, Padroso, Tarrazo y Sas. A Orden de Santiago poseía O Couto de Sta. Mª A Real de Codosedo, Pazos, Paradiña y Veredo. Nocelo da Pena estaba adscrita a xurisdicción do Convento de Santa Clara de Allariz. A principios do S. XIX, na Edad Contemporánea, existen referencias o Concello Constitucional de Cortegada. En 1822, desaparece o de Cortegada e encontramos os municipios de Codosedo e Lodoselo. É a partir do 1835, coa definitiva división municipal, cando nace o actual Concello de Sarreaus, hoxe en día pertenece a la Mancomunidade Intermunicipal da Limia
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Sarreaus. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/inventariodinamico.htm?archivoId=55795&estado=&esaltarepo=&esmodirepo=&idArchivoPadre=&id=