3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
En Galicia, a primeira Deputación constitúese o 19 de marzo de 1813, presidida polo marqués de Campo Sagrado, contando cun vicepresidente e sete vocais representando as sete cidades capitais das antigas provincias. O nacemento da provincia como entidade local con vida propia data da Constitución de Cádiz, aprobada no ano 1812, que estableceu por vez primeira no seu artigo 325 unhas institucións, as deputacións provinciais, concibidas como órgano rector de cada unha delas, presididas polo xefe superior e con funcións básicas de control e vixilancia da administración dos lugares que integran aquela.
Haberá que esperar ata o decreto das Cortes de 27 de xaneiro de 1822 para que se plasme unha nova división provincial que divide a Galicia nas catro provincias actuais, con pequenas variacións, asignándose a capitalidade da provincia actual á Vigo, onde se constituirá a Deputación Provincial o 24 de maio de 1822, chegando a funcionar algo máis dun ano, data na que volven ser suprimidas pola restitución do rei Fernando VII.
Co decreto de 30 de novembro de 1833, inspirado por Javier de Burgos, iníciase o proceso definitivo que culmina coa restitución das catro provincias galegas actuais e a constitución das Deputacións actuais, sendo o 12 de febreiro de 1836 cando se constitúe definitivamente a de Pontevedra, logo de certas disputas coa cidade de Vigo, reticente a perder a capitalidade.
Desde o ano 1836 ata hoxe, a Deputación vén desempeñando con total continuidade un amplo abano de funcións e actividades, que foron variando de acordo coa lexislación aplicable en cada momento. Inicialmente, a Constitución de Cádiz asígnalle as funcións de aprobar os repartimentos das contribucións dos pobos da provincia, velar polo axeitado investimento dos fondos públicos, coidar o establecemento dos concellos, propoñerlle arbitrios ó Goberno, promover a educación, a agricultura e a industria, formar o censo e a estatística provincial, coidar dos centros benéficos e dar conta das infraccións que xurdan na provincia.
A lexislación actual asígnalle as competencias propias de coordinar os servizos municipais entre si para garantir a súa prestación adecuada; a asistencia xurídica, económica e técnica ós concellos; a prestación de servizos públicos de carácter supramunicipal e, en xeral, o fomento dos intereses particulares da provincia.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
A Deputación de Pontevedra, creada polo Real decreto do 21 de setembro de 1835, ten como función o goberno, administración e prosperidade da provincia. Pontevedra, ainda que é a menor das catro provincias galegas, conta coa maior poboación relativa de toda Galicia repartida entre os 62 concellos que a forman.
3.3. Atribucións/fontes legais
https://arquivos.depo.gal/arquivo-da-deputacion/recursos
Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos
dereitos dixitais.
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.
Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local.
Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo
goberno.
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de
organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.
3.4. Estructura administrativa
-
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
-
3.6. Edificio
O Arquivo, xunto cos demais servizos da Deputación, tras unha breve estancia na rúa Costa de Santa María, instalouse no desamortizado convento de San Francisco ata 1890, ano no que se traslada á nova sede do actual Pazo Provincial.
Na actualidade o Arquivo ,ademais dun espazo no propio pazo destinado á recepción documental transferida, ocupa o edificio situado entre as rúas Padre Amoedo, Padre Sarmiento e a edificación do antigo convento dos xesuítas, á que se une nos puntos extremos.
Foi reformado entre 1981 e 1983 para instalar o arquivo na planta baixa e as salas de exposicións do Museo e a vivenda nas plantas superiores. No 2005 iniciouse o proceso de restauración completa coa intención de dedicar a totalidade do inmoble ás instalacións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra.
No 2008 inaugurouse esta nova sede despois da reforma integral do edificio, o que proporcionou unhas instalacións modernas e espazosas, adecuadas para o desenvolvemento das actuacións e servizos que se prestan. Entre as premisas do proxecto destacaba o resalte da edificación mediante unha fachada na que salienta a parte central, que se transforma nun corpo transparente e diáfano, combinando cobre e pedra, que abre o edificio á cidade.
O proxecto, obra do arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado, dá como resultado unha nova distribución interna: dispón de 5 plantas: 2 sotos para depósito de fondos documentais, cunha superficie de 1.100 m2; planta baixa con despachos e zonas de servizos comúns; e nas plantas superiores zonas de traballo e consulta das seccións do Servizo de Patrimonio Documental.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
https://arquivos.depo.gal/arquivo-da-deputacion/recursos
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro clasificación: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885709/F01+Fondo+Deputaci%C3%B3n+20181112.pdf/832a816c-b7bb-4099-9e35-56dc70d55015
https://arquivos.depo.gal/arquivo-da-deputacion/recursos
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=47901