• 1.1. Código identificador
    ES GA 36003 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Baiona
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Baiona
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 2.1. Localización
    Rúa Lorenzo de la Carrera, 17, 36300 Baiona (Pontevedra)
  • 2.2. Enderezo
    BAIONA
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 986 385 050 / +34 986 355 943
    Fax:
    +34 986 357 474
    Email:
    biblioteca@baiona.gal
  • 2.4. Persoas de contacto
    Cristina Vilar Misa, responsable do Arquivo
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A casa do concello de Baiona atópase na “Casa de Correa”, unha construcción en pedra, de sólidos muros, distribuída en baixo e planta, prolongada lateralmente cunha terraza ameada. O edificio, construído ó parecer en 1759, foi adquirido para sede do Concello no ano 1942 e recentemente restaurado cunha ampla praza na súa fronte. O local inicialmente dedicado a arquivo, situábase na ala esquerda da edificación, distriuido en tres plantas intercomunicadas entre si por escaleira metálica, cunha superficie total superior ós setenta e seis metros cadrados. Conta este espacio con boas condicións de habitabilidade, instalacións e equipamentos suficientes para a súa finalidade. A insuficiencia da súa capacidade e o elevado volume documental que xera o Concello obrigou a habilitar un novo espazo na pranta baixa, nunha sá cadrada de trinta e oito metros cadradados, intercomunicada coas anteriores por unha escaleira interior de pedra. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo nos anos 1981-1982, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora do local nos anos 1994, 2002, 2005, 2007, 2010, 2013 e 2016.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello de Baiona sitúase ao oeste da provincia de Pontevedra, linda cos concellos de Nigrán, Oia e Gondomar. A súa superficie é superior aos 31 quilómetros cadrados repartidos en 5 parroquias: Baíña, Baiona, Baredo, Belesar e Santa Cristina da Ramallosa. O territorio do actual concello de Baiona formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción real de Baiona. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século dezanove, dentro do Partido Xudicial de Vigo créanse os concellos de Bouzas, Lavadores, Nigrán, Vigo, Gondomar e Baiona. Este último, formado por cinco parroquias, non sufriu alteracións na súa configuración dende aquela.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Baiona . Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Edificio integrado no concello
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=3205003 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=818449
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_3_BAIONA_20160908.pdf/023c6545-7fa1-45a9-9a61-e0e7484acc33 Cadro de clasificación fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_3_BAIONA_20151202.pdf/a6a205a2-b0d5-4bf0-8762-9afd4f487373 Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/418 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=57669
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Non.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro. Ordenador, mesa de consulta e ficheiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-25 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -