• 1.1. Código identificador
    ES GA 36004 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Bueu
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Bueu
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 2.1. Localización
    Igrexario de Cela, 1, 36938 Bueu (Pontevedra)
  • 2.2. Enderezo
    Bueu
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 986 323 539
    Fax:
    +34 986 32 02 52
    Email:
    arquivo@concellodebueu.gal
  • 2.4. Persoas de contacto
    Belarmino Barreiro Rosales, arquiveiro do Concello.
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A casa do concello de Bueu é un edificio en pedra, con baixo, planta e baixo cuberta, resaltando na súa fachada o bloque central arcado e balconado. Foi construído nos primeiros anos do século XX, culminando un proceso iniciado coa poxa dos terreos no ano 1881, con varias reformas ó longo da súa vida, entre elas o engadido exterior da estructura que soporta un elevador. Ocupaba o arquivo na fase inicial de organización o amplo baixo cuberta da casa do concello, con case douscentos metros cadrados, formado por varias salas intercomunicadas, cunha estructura de madeira na parte central e formigón nos laterais. A falta de espazo e a decisión política conlevaron ó traslado do patrimonio documental a un baixo en aluguer na parte alta da vila, situación prolongada varios anos deica a situación actual na que, coincidindo coa fase de reorganización e informatización, se instala provisionalmente na primeira planta da casa da cultura e biblioteca de Cela, na espera dunha posible ampliación da casa do concello e a habilitación na mesma dun espacio suficiente e adecuado. Conta o actual local do arquivo con dúas salas para depósito, tratamento e consulta documental, ademais dun pequeno despacho para o arquiveiro. Unha das salas serve unicamente como depósito, con estantería metálica distribuída pola súa totalidade. Canto á segunda sala ademais de gardar documentación serve de zona de consulta e traballo. Na súa totalidade o arquivo dispón dunhas axeitadas instalacións, debidamente equipadas e acondicionadas, con ventilación e iluminación regulable, deshumificador e perto de catrocentos metros lineais de estantería, suficientes na actualidade para o fondo documental custodiado. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo en 1984-1985 acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1989, 2003 e 2004. Dende entón o proceso de transferencias é contínuo, actualizándose os isntrumentos de desrcición no 2007, 2008, 2009, e 2010. O 29 de agosto de 1989 sofre o arquivo un pequeno incendio no que desaparece unha pequena parte do fondo documental, xunto con boletíns oficiais e revistas.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Enclávase na marxe dereita da península do Morrazo. Pertence a á comarca do mesmo nome, xudicialmente intégrase no Partido de Cangas. Conta cun total 53 entidades de poboación en cinco parroquias. O territorio do actual concello de Bueu formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Cela, Bueu, Beluso e Hío ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorde o concello de Bueu, dentro do partido xudicial de Pontevedra, formado daquela por seis parroquias, entre as que se atopaban as de Aldán e Hío. Na evolución posterior este concello sufrirá a segregación das parroquias de Aldán e Hío, logo de moitos intentos efectiva en 1873. Por outra parte incorpora ó seu territorio as illas Ons e Onza en 1844.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Bueu. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo situado nun edificio próximo ao Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=6185002 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=857957 Fondo do Arquivo da Mancomunidade de concellos do Morrazo: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=898923
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_5_BUEU_20160908.pdf/b4e10848-58ef-4854-8e53-6b65a4ffe4e0 Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_5_BUEU_20151217.pdf/b97976b3-f4e6-46a7-9f1f-e2ff8e172c6a Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/547 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=57680
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 8:00 a 14:30 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Non.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Non.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-25 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -