• 1.1. Código identificador
    ES GA 36020 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Agolada
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Agolada
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    No ano 1989 a construcción da nova casa do concello conlevou a mellora substancial das instalacións do arquivo municipal, producíndose o traslado documental ó novo local habilitado para este fin. En 1989 organizouse de forma integral a totalidade dos fondos conservados e elaboráronse os instrumentos descritivos requiridos para o seu manexo e tratamento. Con posterioridade desenvolvéronse actuacións de actualización e reincorporación documental nos anos 1999, 2003, 2007, 2010, 2011 e 2013.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello de Agolada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, nunha zona central de Galicia e dentro da comarca natural do Deza; está formado por 25 parroquias e 131 entidades de poboación. O seu actual territorio pertencía na súa maior parte no antigo réxime á provincia de Santiago, agás catro parroquias que se integraban na de Lugo. Nas primeiras divisións xudiciais, cando Galicia aínda era unha única provincia, foi adscrito ó partido xudicial de Melide e en 1822 ó de Lalín no que permanece dende esa data. As parroquias do concello na etapa previa ó seu establecemento constitucional adscribíanse ás xurisdiccións de Abeancos, Boente, Borraxeiros, Camanzo, Carmoega, Ventosa e o Couto de Sesto, todas elas na provincia de Santiago; e ás xurisdiccións de Toques e de Basadre na de Lugo. Ao amparo do Real Decreto do 23 de xullo de 1835 confórmase o novo concello, xunto cos outros do partido xudicial de Lalín, substituíndo ós que daquela viñan funcionando en Basadre, Ventosa e Borraxeiros. No ano 1836 constitúese definitivamente este concello quedando integrado polas parroquias de: Agra, Artoño, A Baíña, Basadre, Berredo, Borraxeiros, Brántega, Brocos, Carmoega, Eidián, Esperante, Ferreiroa, Gurgueiro, Merlín, Órrea, Ramil, Santa Comba, San Paio de Bais, Sesto, O Sexo, As Trabancas, Val de Sangorza, Ventosa e Vilariño. Esta situación permanece sen alteracións significativas dende aquela.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Agolada. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    En 1989 construíuse a nova casa do concello, o que mellorou substancialmente as instalacións do arquivo municipal ao trasladarse a documentación ao novo local habilitado. A nova casa do concello é unha edificación independente, con baixo e dúas plantas, situada na praza da vila. Está perfectamente integrada no seu contorno, tanto polos materiais empregados como pola apertura do edificio ao exterior, grazas á presenza de abundantes ventás e ao uso de balconadas corridas na súa fachada. Concíbese como centro para instalar todos os servizos municipais, e para iso conta co espazo necesario, tanto no baixo coma nas dúas plantas do edificio. Na planta baixa instalouse o arquivo municipal, nunha sala rectangular de 24 m2. A superficie útil do local é suficiente para albergar os fondos existentes no momento da súa organización e das previsibles incorporacións futuras. Para o manexo e consulta dos documentos o arquivo conta coas instalacións necesarias e cunha mesa de traballo e ficheiros. Para a súa conservación dispón de estantes metálicos tradicionais, dispostos bordeando a sala e pegados ás paredes naqueles espazos que o permitían e na parte central, sempre procurando o maior aproveitamento posible.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=4995003 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=747349
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_1_AGOLADA_20160908.pdf/b642889b-0f3e-49b5-ada2-ae9ffee9b2e7 Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz:: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_1_AGOLADA_20151210.pdf/3f407cc7-a9af-4b6b-96e0-e769f7da496d Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/269 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=63760
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9:00 a 14.30 h.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección Xeral de Arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-25 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -