• 1.1. Código identificador
    ES GA 36008 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Cangas
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Cangas
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A documentación do arquivo municipal de Cangas foi debidamente organizada, coa súa total clasificación e descrición no ano 1987 por parte do persoal do Servizo Técnico de Patrimonio Documental e Bibliográfico, dacordo co procedemento e cadro de clasificación usado daquela nos arquivos municipais da provincia. Custodiábase daquela un importante volumen documental con notorias testemuñas do século dezanove: documentación de quintas dende 1790; dos orzamentos dende 1859; das obras municipais dende 1836; da contribución rústica dende 1841 e dos consumos dende 1818. En todo caso a maior parte do fondo, como é habitual pertence ó século XX e refírese a xestión contable e ó control da actividade urbanística dos particulares. Sucesivas disposicións físicas, traslados, carencia de espazos e outros avatares impediron ata o ano 2008, pese a reiterados intentos anteriores, iniciar o proceso de reorganización de acordo coa normalización iniciada no ano 1996 nos arquivos da provincia, adaptándose á proposta consensuada a nivel nacional. Nesta primeira actuación conseguíuse a incorporación de 2.119 unidades de instalación, correspondentes á práctica totalidade das licenzas de obras, estando prevista a continuidade do proceso de reorganización, incorporación documental e informatización dos instrumentos de descrición para facilitar o seu manexo e consulta, elaborándose a tal fin una base de datos do inventario detallado dos expedientes e documentos con 24.681.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Está situado na península do Morrazo, limitando cos concellos de Bueu e Moaña e co Océano Atlántico e está formado por cinco parroquias con 54 entidades de poboación. No antigo réxime o territorio que hoxe forma o concello de Cangas dependía dunha xurisdición do mesmo nome, con señorío do Arcebispado de Santiago e, no caso de Aldán, tamén da Marquesa de Vilar. No proceso de formación dos primeiros concellos constitucionais, nos primeiros anos do século XIX chegaron a constituírse os de Hío, Coiro e Cangas. Co gallo da división municipal emanada do Real Decreto de 23 de xullo de 1835, dentro do Partido Xudicial de Pontevedra, logo de varias propostas e modificación relativas ó número de parroquias que o debía formar, créase o actual concello de Cangas no ano 1836, formado por tres parroquias: “Vila de Cangas, Coiro e Darvo”, cun total de 1.138 veciños e 4.550 almas. Xa dende o primeiro momento houbo intentos por parte das parroquias de Hio e Aldán de segregarse do concello de Bueu, no que foran incluídas e integrarse no de Cangas. Houbo sucesivas peticións, especialmente en 1837 e 1844, pero non será ata 1873, na sesión de 28 de febreiro cando se acordo dita modificación. Por outra parte houbo intentos que non frutificaron de parte dos veciños de Coiro para segregarse e formar un concello propio. De todo elo xurdiu o actual concello de Cangas, formado por cinco parroquias, dispersas nos cáseque 40 quilómetros cadrados con 54 entidades de poboación.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Cangas . Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=6050002
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_9_CANGAS_20160909.pdf/e0105590-13f0-4b16-95ff-fad35562e143 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=56639
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2015-10-25 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -