3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O arquivo instálase logo da reforma da casa do concello na planta baixa, inicialmente en tres pequenas salas, a carón do local da biblioteca pública municipal; na última actuación procedeuse a habilitar tamén unha sala máis ampla na mesma planta, completando así o espacio das salas anteriores.
A organización da documentación conservada no arquivo do concello da Cañiza é asumida polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental no ano 1992, establecendo como obxectivos prioritarios a mellora do local do arquivo e a dotación de instrumentos descritivos ós fondos documentais conservados.
Con posterioridade téñense desenvolto outras actuacións de reorganización e incorporación documental, así como a informatización dos instrumentos de descrición no 2001.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Conta cunha superficie de 106 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de oito mil habitantes, distribuídos en 320 entidades de poboación e nove parroquias. O territorio do actual concello da Cañiza historicamente estivo integrado na provincia de Tui, con diferentes xurisdiccións: a das Achas, dependente do conde de Salvaterra; a de Albeos, con señorío do marqués de Sierra; a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior; a de Parada, con señorío do marqués de Castelmoncayo, e a de Petán, con señorío da familia Sarmiento. Nos inicios do século XIX chegaron a funcionar concellos en diferentes parroquias: As Achas, Petán, Deva, Oroso, Valeixe, Parada e a propia A Cañiza. De forma máis estable e definitiva créase o concello da Cañiza en 1836 con once parroquias, dentro da proposta establecida para o entonces existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado ademais polos concellos de Arbo, Crecente e Covelo. Das parroquias iniciais segregaríase de seguido a de Prado de Canda para a súa inclusión no concello de Covelo. A parroquia de Santa Eulalia de Deva foi incluída administrativamente dentro da das Achas, resultando así a configuración das nove actuais.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de A Cañiza. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
A casa do concello, situada no centro urbano, é unha edificación en pedra reformada e ampliada, cun baixo e dúas plantas, na que desde o exterior destaca a galería corrida, habilitada na planta superior.
O arquivo instálase na planta baixa da casa do concello, logo da súa reforma. Nun principio ocupaba tres salas situadas ao lado da biblioteca e posteriormente incorporouse outra máis ampla na mesma planta.
Este conxunto ocupa 50 m2 e dispón de estantes metálicos para aproveitar ao máximo a instalación documental.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondos do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=1975653
Fondos do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=866699
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_10_CA%C3%91IZA%2C%20A_20160510.pdf/ac7b3997-daa6-42ea-9c0e-2377cb54c223
Cadro de clasificación de Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_7_CA%C3%91IZA%2C%20A_20151130.pdf/ee9e7d66-e384-47bc-bf86-c0f4ffb84806
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/359
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=58012