• 1.1. Código identificador
    ES GA 36010 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Catoira
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Catoira
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O arquivo distribuíase en dúas salas próximas e intercomunicadas entre si no baixo cuberta da casa do concello; ámbalas salas similares, ocupando un total de 48 metros cadrados, con doce metros de longo e oito de ancho; o teito ten forma de bufarda permitindo o uso e cómodo acceso á práctica totalidade da sala. A falta de espazo neste local conlevou o traslado da documentación a un novo local habilitado na segunda plata do edificio "Felipe Aragunde", con más de 60 metros cadrados. No ano 2017 trasládase o conxunto documental ao edificio multiusos no que está previsto proceder a instalar en breve a totalidade das aoficinas municipais, ocupando un local da pranta semisoto. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade incluída á mellora do local, nos anos 1996, 1998, 2001, 2004,2006, 2008, 2009, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016 e 2017.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello de Catoira, situado na zona norte da costa pontevedresa, conta con 31,5 km2. de superficie correspondente a catro parroquias distintas nas que se atopan 29 entidades de poboación. En etapas anteriores ao establecemento constitucional deste concello, as actuais parroquias de Abalo e Dimo formaban parte da xurisdicción de Cordeiro, adscrita ó arcebispado de Santiago, e as de Catoira e Oeste da xurisdicción de Sobran, dependente do conde de Maceda. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 non se contempla a existencia do concello de Catoira senón o de Dimo, estando ademais incluído este territorio no partido xudicial de Padrón ata que en 1822 pasa ó de Caldas de Reis. Na definitiva reforma do ano 1836 non se contemplaba a creación inicial deste concello pero a reclamación dos mordomos das catro parroquias ó xefe político conseguiu o establecemento dun concello propio con capitalidade en Catoira e integrado no partido xudicial de Caldas de Reis. Dende entón non se produciron variacións significativas neste concello.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Catoira. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo situado nun edificio próximo ao Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=4543003 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=874150
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_11_CATOIRA_20180207.pdf/97163c05-d687-4b01-8094-e389972e4d7f Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_8_CATOIRA_20151127.pdf/701d48e7-0d41-49e5-a005-99c69b1ab5b1 Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/270 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10302
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 09:00h a 14:30h.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-25 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -