• 1.1. Código identificador
    ES GA 36011 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Cerdedo
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Cerdedo
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    Dende outubro de 2016 os concellos de Cotobade e Cerdedo fusiónanse pero seguen conservando os seus arquivos independentes cada un na súa dirección a excepción dos expedientes de secretaría e intervención que van directamente para a Casa Consistorial, situada no antigo edificio do Concello de Cotobade (Chan, nº11-Carballdo, 36856 Cercedo-Cotobade, Pontevedra). O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1986, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e equipamento do local, nos anos 1992, 1999, 2002, 2005, 2009, 2011, 2013 e 2016.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello de Cerdedo enclávase na Terra de Montes; conta con 49 entidades de poboación dispersas, nos que residen algo máis de 4.000 habitantes. Fórmano na actualidade un total de oito parroquias. O territorio do actual concello de Cerdedo intégrase na provincia de Santiago, dentro da diocese do mesmo nome, detentando o seu arcebispado a xurisdicción de Montes, á que pertencen a totalidade das parroquias deste concello. Estaba enclavado inicialmente no Partido Xudicial de Tabeirós, que logo pasará a denominarse A Estrada, territorio no que viña funcionando a finais do século XVIII e primeiros do XIX de forma irregular o concello de Figueroa. Na definitiva constitución dos concellos de 1836 establécese para o Partido Xudicial de Tabeirós un total de tres concellos: Forcarei, Cereixo (logo A Estrada) e Cerdedo. Créase este último cun total de nove parroquias, unha máis das actuais, sendo a de Santa María de Castrelo segregada e incorporada ó concello de Forcarei no ano 1872. Ó longo destes séculos houbo varios intentos de fusión dos concellos de Cerdedo e Forcarei, especialmente en 1841 e 1868. En 2016 este concello fusionouse co concello de Cotobade sendo hoxe en día un so Concello: Cercedo-Cotobade aínda que cada un deles manten o seu propio arquivo.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Cercedo-Cotobade. . Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    En Cerdedo, o local destinado ao arquivo ocupa o baixo cuberta da actual casa do concello, cun espazo rectangular e distribuí-do en tres salas comunicadas entre si, que cumpre a función de depósito documental, zona de tratamento e de consulta. O local ten algo máis de 80 m2, coas condicións de habitabilidade, ventilación e iluminación axeitadas, así como o equipamento necesa-rio para a súa función de conservación e in-formación documental.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello (ambos os dous): https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=1318759 Fondo do Xulgado de Paz (Cerdedo): https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=875435 Fondo do Xulgado de Paz (Cotobade): https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=720757
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello (Covelo): https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_12_CERDEDO_20160908.pdf/a525b89d-9ea9-42b5-811d-b1ab51e2750b Cadro de clasificación do fondo do Concello (Cotobade): https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_13_COTOBADE_20160908.pdf/08ac7ed6-df54-45ee-84f0-2d4b50e6687d Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz (Cerdedo): https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_9_CERDEDO_20151218.pdf/d7b99013-1f4f-42a1-bb69-a95414021c6f Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz (Cotobade): https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_10_COTOBADE_20151223.pdf/6a7f9b67-ac81-4950-85a0-9320ff433ffc Coleccións: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/363 https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/318
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 08.30h a 15:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Non.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-25 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    Dende outubro de 2016 os concellos de Cotobade e Cerdedo fusiónanse pero seguen conservando os seus arquivos independentes cada un na súa dirección a excepción dos expedientes de secretaría e intervención que van directamente para a Casa Consistorial, situada no antigo edidicio do Concello de Cotobade (Chan, nº11-Carballdo, 36856 Cercedo-Cotobade, Pontevedra.