3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A casa do concello é unha edificación en pedra, que logo da reforma dos anos 1985-1987 conta cunha planta baixa, ocupada polo xulgado de paz, biblioteca e outros servizos; unha primeira planta onde se dispoñen as oficinas municipais e a Alcaldía, e unha segunda habilitada como salón de sesións.
Finalmente, na estructura baixo a cuberta dispúxose o local de arquivo municipal e do xulgado de paz, con espacios anexos, usados como almacén. organización da documentación conservada no arquivo do concello de Covelo é asumida polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental no ano 1992, establecendo como obxectivos prioritarios mellorar o local do arquivo e dotar de instrumentos descritivos un fondo escaso pero practicamente organizado. Acometéronse dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación, nos anos 1995, 1999, 2002, 2005, 2009 e 2011, 2013 e 2014.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Covelo sitúase na comarca do Paradanta e está integrado no partido xudicial de Ponteareas. Está distribuído en 116 entidades de poboación en catorce parroquias (124 quilómetros cadrados nos que residen algo máis de cinco mil habitantes). O territorio do actual concello de Covelo formou parte da provincia de Tui, integrado por diferentes xurisdiccións: a de Covelo, dependente do conde de Amarante; a das Achas, coas parroquias de Barcia de Mera, Campo e Fofe dependente do conde de Salvaterra, e a de Sobroso que afectaba á parroquia de Casteláns. Constitucionalmente créase o concello en 1836 con trece parroquias, ás que se engadiría de seguido a de Prado de Canda, adscrita inicialmente ó concello da Cañiza, dentro da proposta establecida para o daquela existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado polos concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Covelo.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Covelo. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=1413329
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=724358
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_14_COVELO_20160908.pdf/8f95c76b-e5d4-4d4d-b884-b24329e7dc82
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_11_COVELO_20151223.pdf/6d3a9c30-87d7-4f4c-bd9c-10fe4008b714
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/300
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10459