3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A actual casa do concello de Crecente resulta da reforma levada a cabo no ano 1950, na que se procedeu ó derribo da anterior e a levantar unha construcción con baixo e planta, en pedra, que unificaba as antigas casas do concello e a escola de nenos e vivenda de mestres. Logo realizaríanse reformas nos anos 1961 e 1979 e finalmente na década dos noventa; foi nesta última cando se rehabilitou e acondicionou o espacio existente baixo cuberta, ben comunicado coa primeira planta na que están as dependencias municipais, tanto administrativas como a Alcaldía. Na planta baixa encóntrase hoxe a biblioteca municipal, o salón de sesións e o servizo de correos.
Na superficie baixo cuberta distribuíronse dúas zonas simétricas, a cada lado da escalinata de acceso, destinándose toda a zona dereita para o arquivo municipal. Resulta un local, distribuído en tres salas intercomunicadas, cunha superficie total superior ós sesenta metros cadrados. O local foi reformado na súa totalidade, dotado de medios de illamento térmico e conta con dúas ventás nun lateral que permiten a súa ventilación e iluminación natural regulada.
Procedeuse á instalación dos elementos necesarios para dispor os fondos, con estantería suficiente, ademais de mesa de consulta e o correspondente ficheiro metálico.
Os fondos documentais do arquivo municipal de Crecente foron os primeiros en recibir un tratamento técnico específico dentro dos da comarca do Paradanta, por parte do Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación de Pontevedra no ano 1991. Dende entón téñense levado a cabo varias reincorporacións documentais, nos anos 1992, 1995, 1999, 2002, 2005, 2009 e 2011, 2013 e 2014 na procura da súa actualización e adaptación ó sistema proposto a nivel nacional para a organización de arquivos municipais. Neste proceso acometeuse tamén a informatización dos seus instrumentos de descrición que permiten un axeitado manexo e accesibilidade a información contida neste arquivo.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Crecente atópase no sueste da provincia de Pontevedra, a carón do río Miño, lindando con Portugal e coa provincia de Ourense. Ocupa unha superficie total de cincuenta e catro quilómetros cadrados,na que residen ó redor de 3.500 habitantes. No antigo réxime o actual término municipal de Crecente pertencía á provincia de Tui e estaba integrado en dúas xurisdiccións diferenciadas: a de Albeos, que incluía a parroquia do mesmo nome, con señorío do marqués da Sierra e a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior, que abarcaba o resto do territorio. Dende 1834 estivo integrado no Partido Xudicial da Cañiza ata a súa desaparición e absorción polo de Ponteareas. Nos primeiros anos do século XIX funcionaban de forma irregular concellos propios en diferentes lugares, entre outros en Freixo, Filgueira, Crecente ou Albeos. No definitivo proceso constitucional de implantacións dos actuais concellos, rematado en 1836, xorden no Partido Xudicial da Cañiza os concellos de Crecente, A Cañiza, Covelo e Arbo. Creado no 1836 o concello de Crecente, integra dende o seu inicio as parroquias de Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar, non tendo modificacións importantes ata a actualidade.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Crecente. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=4934003
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=725433
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_15_CRECENTE_20160912.pdf/b95a90c9-769f-4ea4-ae85-671e1f21304a
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_12_CRECENTE_20151229.pdf/a4565aa4-38bd-4e68-90b1-7fc74fdfa882
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/301
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10474