3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A casa do concello é unha destacada construcción, exenta, en pedra construída nos primeiros anos do século XX, inaugurada en 1912. O local dedicado a arquivo viña ocupando a práctica totalidade do baixo cuberta.
O elevado volume documental provocou a busca de novos espacios para a custodia do patrimonio documental decidindo o Concello a construcción dunha edificación na que se dedica unha planta completa a arquivo, con dúas zonas de depósito e un despacho na parte central, dotada de estantería compactada.
A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo nos anos 1985-1987, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, así como de informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluído o traslado de local nos anos 2002, 2003, 2005, 2007, 2009 e 2010.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O territorio do concello da Estrada (268m2) sitúase no norte da provincia de Pontevedra, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias, residindo máis de 25.000 habitantes. O territorio do actual concello da Estrada formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de A Estrada. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
A casa do concello é unha destacada construción exenta, de pedra, construída nos primeiros anos do século XX e inaugurada en 1912.
Tras sucesivas reformas, o seu interior divídese en baixo, tres plantas e baixo cuberta, mentres que o exterior mantén a súa estrutura orixinal, na que destacan a profusión de vans e o corpo central con cinco arcos de medio punto, que serven de acceso, e a torre lateral rematada nunha cúpula.
O local destinado a arquivo ocupaba case todo o baixo cuberta, con dúas amplas salas de depósito e un despacho para o persoal, e unha pequena sala na terceira planta que servía de complemento.
Debido ao elevado volume documental, buscáronse novos espazos para custodiar o patrimonio documental, polo que o Concello decidiu construír unha edificación na que se lle dedicou unha planta completa ao arquivo (segundo o plano que se achega). Esta dispón dun despacho na parte central e dúas zonas de depósito con andeis compactados, aos que se trasladou a documentación en 2003.
Estas instalacións contan cunhas boas condicións de habitabilidade, luminosidade e ventilación, e co equipamento axeitado.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=9010002
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_18_ESTRADA%2C%20A_20151119.pdf/3d5acb7a-cb97-49ef-9d76-71be4b8fe855
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/416
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10706