• 1.1. Código identificador
    ES GA 36022 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal do Grove
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de O Grove
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 2.1. Localización
    Rúa Monte da Vila, 11, Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, 36980 O Grove (Pontevedra)
  • 2.2. Enderezo
    O GROVE
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 986 732 341
    Fax:
    +34 986 731 358
    Email:
    casadacultura@concellodogrove.es
  • 2.4. Persoas de contacto
    -
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    Inicialmente o arquivo ocupaba a ala dereita da planta superior da casa do concello a carón do salón de sesións, nun espacio rectangular con algo máis de 30 metros cadrados que se amosaba claramente insuficiente para a instalación da documentación que se producía; estaba dotado de estanterías metálicas e mesa de consulta. Con posterioridade a corporación municipal acorda o traslado á casa de cultura dos fondos documentais custodiados no arquivo, acondicionando a tal fin unha das súas salas, na parte dereita da planta baixa, anexo ó salón de actos.O proceso de organización dos fondos documentais deste concello levado a cabo polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental desenvolveuse inicialmente no ano 1990, partindo dunha situación moi favorable, tendo en conta que esta documentación xa fora parcialmente organizada polo propio persoal municipal. Dende a primeira actuación téñense producido sucesivas actualizacións e reincorporacións documentais nos anos 1992, 1995, 1996, 1998, 2002, 2005, 2009, 2013, e 2014, incluíndose entre elas o proceso de readaptación ó novo cadro de clasificación coincidindo co traslado documental á casa de cultura.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello do Grove, ocupa unha superficie total de 22 quilómetros cadrados, integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ao longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ao partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de O Grove. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo situado nun edificio próximo ao Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=8500002 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=737794
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_22_GROVE%2C%20O_20160908.pdf/03efb6d6-f259-4e08-a26f-4d872a339230 Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_18_GROVE%2C%20O_20160511.pdf/46c3c728-365c-429e-aabd-910c54beb03b Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/299 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=11198
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 13:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-25 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -