3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A casa do concello, perfectamente integrada no casco urbano da vila, é unha edificación alongada, con muros de pedra irregular e de labra, remozada toda ela recentemente e distribuída en dúas plantas cun parcial aproveitamento do soto.
A súa distribución interior reservaba dúas áreas e varios espacios para ó arquivo municipal, pendente dunha localización centralizada e suficiente. Na actualidade ocupa o arquivo dúas pequenas salas no soto do edificio, unidas por unha zona común.
Ante a manifesta insuficiencia espacial procedeuse á habilitación, inicialmente con carácter provisional, dun novo local de arquivo, logo da supresión do que, provisionalmente, se viña utilizando na planta baixa. Elixiuse para esto un local fóra da casa do concello -unha ampla sala rectangular na primeira planta da casa de cultura- que inicialmente comparte co depósito de fondos e materiais do Museo do Mar. Este novo local foi dotado en diferentes fases de estantería metálica e ficheiro.
A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo nos anos 1989, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora do local nos anos 1989, 1990, 1992, 1995, 1999, 2003, 2007, 2009 e 2012.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Sitúase no suroeste da provincia de Pontevedra, a súa superficie é de 18 Km2. repartida en 3 parroquias: Camposancos, A Guarda e Salcidos, cun total dez mil habitantes. O territorio do actual concello integrábase no antigo réxime en dúas xurisdiccións: a de Barrantes, que inclúe a parroquia de Camposancos, con señorío dos propios veciños e que derivará co tempo na constitución da súa Entidade Local Menor; e a xurisdicción da Guarda con señorío do bispo e Cabido de Tui, que incluía as parroquias da Guarda e Salcidos. Créase o concello constitucional da Guarda dentro do Partido Xudicial de Tui no ano 1836 cunha configuración ben diferente á actual, integrado daquela por sete parroquias cun total de 11.500 almas. Xa no ano 1844 iníciase o expediente de segregación das parroquias que darán lugar ó actual concello do Rosal (O Rosal, As Eiras e San Xoán e San Miguel de Tabagón), proceso que será efectivo en 1847, situación que se reverterá en 1851 e que se fará definitiva no ano 1854. Dentro deste concello no ano 1903 recoñécese de forma legal a Xunta Administrativa de Camposancos e en 1925 a creación definitiva da Entidade Local Menor que vén funcionando ata a actualidade nesta parroquia.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de A Guarda. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
A casa do concello, perfectamente integrada no casco urbano da vila, é unha edificación alongada, con muros de pedra irregular e de labra. Na distribución interior reserva dúas áreas e varios espazos para ó arquivo municipal, pendente dunha localización centralizada. Na actualidade o arquivo ocupa dúas pequenas salas no soto do edificio, unidas por unha zona común, cun total de 25 m2, dotadas de axeitadas condicións de habitabilidade e equipamentos suficientes.
Ante a falta de espazo habilitouse provisionalmente un local fóra da casa do concello, na primeira planta da casa de cultura.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=5820002
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=741194
Fondo da Entidade Local Menor de Camposancos: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=895492
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_23_GUARDA%2C%20A_20160908.pdf/5fc00610-a23b-49c2-9059-8012d3f39810
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_19_GUARDA%2C%20A_+20151215.pdf/80231d96-6bb0-4453-9a15-6683fabf76b7
Cadro de clasificación do fondo da Entidade Local Menor de Camposancos: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886808/CC_ELM_CAMPOSANCOS_20160512.pdf/69ae183a-5e6f-4975-8b01-dfdfb5a07747
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/302
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=11205