3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A escaseza de espacio para as dependencias e os servizos municipais da antiga tenencia de Alcaldía fixo necesario a construcción dunha nova casa do concello na procura dun espacio digno e suficiente.
Esta moderna e austera construcción, obra do arquitecto Manuel Gallego Jorreto, foi inaugurada no mes de xaneiro de 2004.
O proceso organizativo levouse a cabo no ano 2004, acometéndose a informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade. En 2007, 2009 e 2012 incorporase nova documentación.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Ubicase no centro da ría de Arousa conectada ao continente por unha ponte de 2.000 m de lonxitude. A súa superficie é de 7 Km2 cunha única parroquia con cinco mil habitantes. O territorio do actual concello da Illa de Arousa formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a súa reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. No antigo réxime funcionou como couto, con señorío do mosteiro de San Martiño de Santiago, da orde de San Bieito. No período preconstitucional chegou a funcionar neste territorio o concello da Illa de Arousa. No proceso de establecemento constitucional dos concellos dentro do partido xudicial de Cambados, intégrase como parroquia do concello de Vilanova de Arousa, xunto con outras catro: Vilanova, Tremoedo, Baión e Caleiro. A segregación da Illa de Arousa para formar un concello independente, vella reivindicación veciñal dende o ano 1836, rematou definitivamente a finais de 1996.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Illa de Arousa. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa
3.6. Edificio
Debido á escaseza de espazo para as dependencias e os servizos municipais da antiga tenencia da Alcaldía, construíuse unha para dispoñer dun espazo digno e suficiente.
A nova casa do concello, obra de Manuel Gallego Jorreto, inaugurouse en xaneiro de 2004. Concíbese como un gran bloque cadrado de pedra, con escasos vans, distribuído en baixo e dúas plantas.
O arquivo municipal disponse na segunda planta e é accesible desde unha sala multiusos e a carón dos despachos dos diferentes grupos políticos. Trátase dunha sala rectangular, que conta cunhas axeitadas condicións de habitabilidade, cun ficheiro, cunha mesa de consulta e co equipamento suficiente, entre os que se inclúen máis de 120 m de estantes compactados para albergar os fondos documentais.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=1258525
Fondo do Xulgado de Paz da Illa de Arousa: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=748472
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de Clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_24_ILLA+DE+AROUSA_20160912.pdf/a3b304a4-1093-4d23-ac6e-5854c98a5413
Cadro de clasificación do Xulgado de Paz da Illa da Arousa: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_20_ILLA+DE+AROUSA%2C%20A_20151210.pdf/007aa57e-6823-4736-9e2a-5b4adda96dc0
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/461