3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A actual casa do concello é unha construcción exenta, en pedra, rematada no ano 1924 e remozada en varias ocasións, que se distribúe en baixo e planta.
O local dedicado a arquivo ocupaba unha sala da ala dereita da planta baixa, con forma rectangular e unha superficie de trinta metros cadrados e unhas axeitadas condicións de habitabilidade, ventilación e iluminación e cos equipamentos necesarios para a súa función de conservación e información documental.
A insuficiencia espacial da mesma e as necesidades derivadas das actividades municipais conlevaron o traslado do arquivo a unha edificación próxima, que viñan ocupando ata ese momento as dependencias de Servizos Sociais. Dispónse agora o arquivo municipal na primeira planta da edificación.O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1986, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e equipamento do local, nos anos 1987, 1990, 1997, 2000, 2002, 2005, 2008, 2010, 2013, 2014 e 2016.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Está no interior de Pontevedra, linda con Cotobade, Ponte Caldelas, Forcarei, Fornelos; Beariz e Avión(Ourense).Ten 3.000 habitantes repartidos en 10 parroquias: Antas, Barcia do Seixo, Covelo, Escuadra, Gaxate, A Lama, Seixido, Verducido, Xende e Xesta. No antigo réxime pertencía esta zona xeográfica ás provincias de Santiago e de Tui, respectivamente, dentro das xurisdiccións de Caldevergazo, con señorío do arcebispo de Santiago e de Soutomaior, con señorío do duque de Soutomaior. Na definitiva constitución dos concellos de 1836 establécense no Partido Xudicial de Caldevergazo un total de catro concellos: Cotobade, Caldebergazo, Caldelas e Ponte Sampaio. O concello de Caldebergazo terá o nome e será capitalidade do Partido Xudicial ata 1845 en que pasará a Ponte Caldelas. Á súa vez cambiará a súa denominación inicial pola da Lama en 1841 e sufrirá algunhas modificacións na configuración primeira das súas nove parroquias: a de Escuadra, rapidamente integrada logo da reclamación dos seus veciños; a chamada inicialmente Gaxate – Xende, que se dividirá en dúas, e a de Caroi, que será segregada en 1904 para a súa inclusión no veciño concello de Cotobade.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de A Lama. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Debido á falta de espazo e ás necesidades derivadas das actividades municipais, o arquivo trasladouse dende o Concello a unha edificación próxima, que ata ese momento ocupaban as dependencias de Servizos Sociais. Na actualidade o arquivo municipal sitúase na primeira planta da edificación e mantén a distribución anterior, con catro salas de diferentes tamaños unidas por un amplo corredor central.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=4874003
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=749715
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_26_LAMA%2C%20A_20160908.pdf/93a039e0-ca7e-4d68-9c19-159032634893
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_21_LAMA%2C%20A_20151210.pdf/569d4ad8-1515-45b3-8acb-59e2014b4f77
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/364
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10328