3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Dispóñense estes fondos na propia casa do concello, unha moderna edificación de finais dos anos setenta, cun bo estado de conservación, distribuída en baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta, amplo espacio no que se situou no seu día, trala oportuna reforma e adaptación, o arquivo municipal, con acceso directo dende as oficinas municipais.
Unha posterior reforma modificou a estructura da segunda planta, habilitando espazos para oficiñas e unha sala cuadrangular específica para o arquivo.
No ano 2012 habilitouse un novo local no semisoto da casa do concello, con estantería compactada, para complementar as instalacións existentes e dispor noesmo a documentación máis recente.
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1991, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 1997, 1998, 2002, 2005, 2007, 2009, 2012, 2013 e 2014.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Meaño sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Conta cun total de 58 entidades de poboación dispersas en sete parroquias diferentes, nas que residen algo máis de seis mil habitantes. O territorio do actual concello formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a da Lanzada na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago e que ocupaba as parroquias de Covas, Dena, Xil, Lores, Meaño e Padrenda; e o couto de Simes con xurisdiccións do mosteiro de San Xoán de Poio. No proceso de establecemento constitucional dos concellos culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Cambados, establécense os concellos de Carril, Vilaxoán, Meaño, Meis, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. No caso de Meaño queda integrado polas sete parroquias que aínda hoxe o compoñen e non se ten producido modificación ningunha na súa configuración ó longo dos anos.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Meaño. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=concello-de-meano-funcional-depo00201349947
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=750629
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_28_MEA%C3%91O_20180730.pdf/bd70b383-3097-473d-a46d-2672a5ebeabc
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_22_MEA%C3%91O_20160511.pdf/bb24c3fa-1d16-43b4-aa32-3db53d449a19
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/306
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10482