• 1.1. Código identificador
    ES GA 36029 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Moaña
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Moaña
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 2.1. Localización
    Rúa As Barxas, 2, A Seara, 36950 Moaña (Pontevedra)
  • 2.2. Enderezo
    MOAÑA
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 986 310 100
    Fax:
    +34 986 310 104
    Email:
    alcaldia@concellodemoana.org
  • 2.4. Persoas de contacto
    Francisco Javier Casás Mariño, Arquiveiro.
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O local do arquivo atópase no semisoto da nova casa do concello, unha moderna edificación resaltada sobre o terreo e na que destaca a combinación de pedra e acristalamento. O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto no seu día polo grupo de arquiveiros de Madrid; con posterioridade, levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición, nos anos 2001, 2004 e 2007.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ao oeste da provincia de Pontevedra, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. O territorio do actual concello de Moaña formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Moaña. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=6400002 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=752228
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_30_MOA%C3%91A_20171108.pdf/20b9106c-54ed-48ae-a75a-c101ad7325d2 Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_24_MOA%C3%91A_20160511.pdf/440e0dbd-c141-4277-9529-fb34e015d6b1 Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/315 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10575
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 8.30 a 14:30 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-26 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -