3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O local do arquivo atópase no semisoto da nova casa do concello, unha moderna edificación resaltada sobre o terreo e na que destaca a combinación de pedra e acristalamento.
O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto no seu día polo grupo de arquiveiros de Madrid; con posterioridade, levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición, nos anos 2001, 2004 e 2007.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Sitúase no interior da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior aos corenta quilómetros cadrados con setenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias, nas que residen algo menos de cinco mil habitantes. O territorio do actual concello formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor con señorío do conde de Graxal, coa excepción do couto de Amil, con señorío da marquesa de Vilar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, chegaron a funcionar os concellos de Saiáns e Moraña. No ano 1836 créase o Concello de Moraña como entidade local independente, practicamente coa configuración actual.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Moraña. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo dividido entre o edificio do Concello e un edificio anexo.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=4750000
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=765623
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_33_MORA%C3%91A_20160909.pdf/22330ab9-9daa-4b8a-868b-88f1ffb5f54d
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/MORA%C3%91A.pdf/249102d4-c25c-45a8-a7b0-cddaad57ff43
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/317
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10664