• 1.1. Código identificador
    ES GA 36033 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Mos
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Mos
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    Inicialmente o arquivo ocupaba o baixo cuberta da casa do concello, edificio illado a carón da autovía, en granito, de mediados de século, con baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta, no que resalta unha torre central. O arquivo formábano varias salas intercomunicadas cun total de 64 metros cadrados e 145 metros lineais de estanterías. En todo caso a ubicación e a insuficiencia do local motiva o traslado á planta baixa dunha edificación municipal en Petelos, próxima á casa do concello, no que tamén se encontran na súa primeira planta entre outros servizos a biblioteca municipal. Inicialmente o arquivo ocupaba o baixo cuberta da casa do concello, edificio illado a carón da autovía, en granito, de mediados de século, con baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta, no que resalta unha torre central. O arquivo formábano varias salas intercomunicadas cun total de 64 metros cadrados e 145 metros lineais de estanterías. En todo caso a ubicación e a insuficiencia do local motiva o traslado á planta baixa dunha edificación municipal en Petelos, próxima á casa do concello, no que tamén se encontran na súa primeira planta entre outros servizos a biblioteca municipal. Este novo local, que ten una forma cadrada, foi convenientemente axeitado para o seu fin, cunhas condicións de habitabilidade notables, con ventilación e iluminación suficiente e con equipamentos meritorios, destacando entre eles o sistema compactado de estantería e o mobiliario para traballo e consulta. Por último, tamén por ocupación plena dos espazos existentes, optouse por habilitar un novo local de arquivo, primeiro de forma provisional na segunda planta do edificio de Centro de Desenvolvemento Local do concello de Mos en Puxeiros e posteriormente nun edificio próximo destino a diversos servizos municipais; equipóuse este amplo local, con máis de 250 metros cadrados, con estantería metálica compactada, nunha ampla sala na que se instalaron os documentos remitidos dende as oficinas relativos aos últimos anos de xestión. O proceso de organización dos fondos documentais iníciase no ano 1990 coincidindo coa adecuación dun espacio adicado ó arquivo municipal na torre e no baixo cuberta da propia casa do Concello. En sucesivas etapas prodúcense reincorporacións e actualizacións documentais nos anos 1991, 1994, 1999, 2003, 2005, 2008, 2012, 2014 e 2017 coa adpatación ó novo cadro de clasificación proposto para o seu uso a nivel nacional.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello de Mos sitúase no val do río Louro. Conta cunha superficie total próxima ós 51 quilómetros cadrados nos que se distribúen as súas dez parroquias: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso. Tradicionalmente o concello incluíase no partido xudicial de Redondela, sendo agregado nas súas sucesivas desaparicións no de Vigo, Tui e finalmente no de Porriño. Este concello establécese constitucionalmente no ano 1836, non tendo nestes dous séculos variacións apreciables agás as referidas aos sucesivos cambios de capitalidade.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Mos. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo dividido entre o edificio do Concello e un edificio anexo. O proceso de organización dos fondos documentais do Concello de Mos iniciouse no ano 1990 coincidindo coa adecuación dun espazo dedicado ó arquivo municipal na torre e no baixo cuberta da Casa do Concello. O novo arquivo, situado en Puxeiros, alberga a documentación comprendida entre os anos 2014 e 2016 e está dotado de 7 estanterías con capacidade para 1.565 arquivadores que ocupan unha superficie útil de 100 metros cadrados con posibilidade de futura ampliación a outros 100 metros cadrados máis. Ademais de este novo arquivo en Puxeiros, o Concello de Mos conta cun espazo habilitado para dito fin no edificio municipal ubicado na Porteliña, Petelos, no que se atopa, na súa primeira planta, a Biblioteca Municipal.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=6845002 Fondo do Arquivo do Centro de Desenvolvemento Local de Mos: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=900032
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_34_MOS_20160909.pdf/16296c26-cfb9-4c6a-80e3-b6d904d08fc2 Cadro de clasificación do Arquivo do Centro de Desenvolvemento Local de Mos: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886815/Centro+de+Desenvolvemento+Local+de+Mos.pdf/6c4d948c-2439-4e7c-8e5d-ad375dab148e Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/297 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10734
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 10.00 a 14:30 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-26 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -