3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O arquivo municipal encóntrase na casa do concello, edificio singular en granito construído nos primeiros anos da década dos cincuenta e remozado no periodo comprendido entre 1985 e 1992.
O local adicado específicamente á conservación do volume documental existente disponse no semisótano da casa do concello, con acceso dende o exterior e anexo á biblioteca municipal, ocupando na actualidade tres salas.
O proceso de organización dos fondos documentais conservados no arquivo municipal das Neves por parte do Servizo Técnico do Patrimonio Documental iniciase por vez primeira no ano 1990, sobre unha documentación parcialmente organizada pero carente de instrumentos de descrición e cun nivel de conservación aceptable.
A partires desta actuación desenvolveronse sucesivos procesos de actualización e reincorporación documental, así como a adaptación ó novo cadro de clasificación adoptado a nivel nacional nos últimos anos e a informatización dos instumentos de descrición, nos anos 1992, 1994, 1998, 2000, 2002, 2005, 2006, 2009, 2011, 2012, 2013 e 2016.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello das Neves enclávase na comarca do Condado dentro do Partido Xudicial de Ponteareas; ten unha superficie total de 67 quilómetros cadrados e fórmano un conxunto de trece parroquias. Constitucionalmente créase o concello dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, co nome de Setados, con capitalidade neste mesmo lugar e formado por doce parroquias. Será no ano 1904, creada xa a parroquia de As Neves segregada da de Setados e logo do traslado da capitalidade na década dos sesenta do século pasado, cando se faga efectivo o cambio de nome do concello pasando á denominación que hoxe se conserva.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de As Neves. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
O arquivo municipal atópase na casa do concello.
O local está dedicado especificamente á conservación do volume documental existente. Sitúase no soto da casa do concello; conta cun acceso desde o exterior, está anexo á biblioteca municipal e na actualidade ocupa tres salas.
No seu momento realizáronse obras para mellorar as condicións de habitabilidade, espazo, iluminación, ventilación e seguridade para conservar os documentos. As salas son rectangulares, de 70 m2, cunha altura próxima aos 3,5 m2.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=4239000
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=768237
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_35_NEVES%2C%20AS_20160909.pdf/588b11be-e001-412a-8424-0cb48467f590
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_29_NEVES%2C%20AS_20160913.pdf/a6d3b381-93e6-406c-8713-5b90267ea6a7
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/298
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10807