• 1.1. Código identificador
    ES GA 36037 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Pazos de Borbén
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Pazos de Borbén
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    Dispóñense estes fondos na propia casa do Concello, unha edificación á que se trasladaron as dependencias e servizos municipais no ano 2001, entre elas o arquivo municipal, antes disposto no baixo cuberta da antiga sede municipal. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e traslado do local en dúas ocasións, nos anos 1992, 1994, 2001, 2005, 2008, 2010, 2011, 2013 e 2016.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Sítúase na zona central da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie de 38 km2 cun total de 29 entidades de poboación dispersas en oito parroquias. A actual área xeográfica do concello formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Redondela, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Soutomaior, no caso da parroquia de Pazos, con señorío do duque de Soutomaior. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio, integrado no Partido Xudicial de Redondela, constitúese como concello no ano 1836 coa mesma configuración espacial que hoxe aínda ten. O número de parroquias incrementarase coa creación de A Ermida segregada da de Santa María de Pazos.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Pazos de Borbén. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello. O arquivo sitúase na planta baixa do edificio do Concello, nun espazo de 58 m2, conectado con outro espazo da planta superior. Anexo ao arquivo hai un espazo destinado ao almacenamento de publicacións, boletíns, impresos e outros materiais. O local conta con todas as condicións de habitabilidade, control ambiental e co equipamento necesario.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=3911003 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=782146
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_38_PAZOS+DE+BORB%C3%89N_20160909.pdf/887d699c-bee4-4c31-907e-6a0dd77df0c9 Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_32_PAZOS+DE+BORB%C3%89N_20160913.pdf/4faaaf1c-4551-4da1-bb6c-f0b08c653c27 Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/348 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10904
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-26 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -