3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A casa do concello, construída en 1898, é unha edificación en pedra, con baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta. A notable altura de cada planta permite o dobre aproveitamento nalgunhas zonas, como as que albergan o arquivo municipal.
O local do arquivo, que nos inicios dos procesos de organización ocupaba o baixo cuberta, foi trasladado a dous espacios secundarios a cadanseu lado da escaleira principal, na entreplanta do baixo do concello.
A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1986, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade nos anos 1990, 1995, 1999, 2004 e 2009.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O territorio do concello de Ponteareas de Arousa sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado.Ocupa una superficie de 118 km2, con 220 entidades de poboación dispersas en 24 parroquias. O actual territorio do concello de Ponteareas formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso; a de Oliveira, con señorío do bispo de Tui; e a de Salvaterra, con señorío do conde de Salvaterra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Ponteareas, Guláns e Areas. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Ponteareas, créanse o concello de Ponteareas, xunto cos de Mondariz, Setados e Salvaterra. Dende entón permanece inalterable na súa estructura e delimitación xeográfica.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Ponteareas. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=4678003
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_40_PONTEAREAS_20160909.pdf/0525eb46-091c-4dce-ad10-d07f6f4751fb
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/457
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=51062