• 1.1. Código identificador
    ES GA 36039 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal do Porriño
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de O Porriño
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A casa do concello de Porriño foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído por Antonio Palacios para este uso e inaugurado en 1924. Arde esta edificación no ano 1976, destruíndose na práctica totalidade o seu interior; a reforma iniciada posteriormente remata en 1983. En todo caso, a insuficiencia espacial foi cada vez máis patente e conlevou a ampliación lateral do edificio en datas máis recentes. Instalábase o arquivo ata a última ampliación na torre que resalta na casa do concello, con evidentes necesidades espaciais e sensibles problemas de humidade. Por elo se considerou necesario instalar un novo local que mellorase as condicións de conservación documental A casa do concello de Porriño foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído por Antonio Palacios para este uso e inaugurado en 1924. É unha edificación en pedra dotada dunha gran monumentalidade en relación coa pouca superficie que ocupa, na que resalta un pórtico na súa parte frontal, a torre amenada, a profusión de vans e a rica ornamentación. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1993, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora do local, no ano 2003.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Porriño sitúase no suroeste da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior aos 61 quilómetros cadrados, con cento 13 entidades de poboación dispersas nas súas actuais oito parroquias nas que residen case dezasete mil habitantes. O territorio do actual concello formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela na xurisdicción do Porriño, dependente do conde de Salvaterra de Miño, agás Budiño con xurisdicción propia dos veciños. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Mosende e O Porriño. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, no século XIX, dentro do partido xudicial de Tui, créase o concello do Porriño, integrado daquela por sete parroquias, aínda que coa mesma estructura superficial. Con posterioridade, en 1904, créase a parroquia de Cans, segregada da de Atios; ademais dende 1920 funciona a Entidade Local Menor de Chenlo.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de O Porriño. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo dividido entre o edificio do Concello e un edificio anexo. O arquivo está situado no soto da casa do Concello nunha sala rectangular e accesible desde a planta baixa. Dotado do equipamento necesario.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=1098504 Fondo do Entidade Local Menor de Chenlo: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=888183 https://arquivodaimaxedoporrino.org/
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_44_PORRI%C3%91O%2C%20O_20160912.pdf/f227541e-9c5e-43d5-b726-09768d8826e7 Cadro de clasificación do fondo do Entidade Local Menor de Chenlo: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886808/CC_ELM_CHENLO_20160512.pdf/22947e6e-dd8a-4f66-8f7c-8c78f433dee6 Cadro clasificación Arquivo Municipal da Imaxe: https://arquivodaimaxedoporrino.org/wp-content/uploads/2016/11/cadro-clasificacion-dos-fondos.pdf Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/417 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10976
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-26 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -