• 1.1. Código identificador
    ES GA 36047 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Rodeiro
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Rodeiro
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1993, realizando dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1998, 1999, 2003, 2006, 2009, 2011 e 2013.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Sítúase ao nordeste da provincia de Pontevedra, incluído no partido xudicial de Lalín e na comarca do Deza. Ocupa unha superficie total superior aos 153 km2, con 143 entidades de poboación dispersas en 20 parroquias. O territorio do actual concello de Rodeiro formou parte da provincia de Lugo ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían , agás a de Salto, da xurisdicción de Camba, na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago. A antedita parroquia de Salto dependía do señorío do Mosteiro de Oseira. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Guillar, Rodeiro, Camba e Carboentes; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Rodeiro, queda integrado polas actuais vinte parroquias, sen que se producisen modificacións na súa configuración ó longo dos anos de existencia.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Rodeiro. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello. O arquivo atópase no edificio do Concello, nunha sala rectangular, na segunda planta; ademais conta cunha pequena sala anexa de traballo e consulta. Ten máis de 45 m2 e condicións axeitadas de habitabilidade.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=3000000 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=802451 Fondo do Arquivo da Irmandade sindical de labradores e gandeiros de Rodeiro: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=895836
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_48_RODEIRO_20160912.pdf/92e5cc2b-4231-4b90-b692-24eee901f0b1 Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_38_RODEIRO_20160913.pdf/9012d2a8-8e0b-49fc-9638-1d8c03839153 Cadro de clasificación do fondo Arquivo da Irmandade sindical de labradores e gandeiros de Rodeiro: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886815/Irmandade+Sindical+de+Labregos+e+Gandeiros+de+Rodeiro.pdf/d6d316b4-555f-40aa-a03e-29ac6602627c Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/311 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=57822
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 8.00 a 14:30 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Non.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-09 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-26 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -