3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A casa do concello foi construída no ano 1781 por un emigrante brasileiro retornado, ocupando na actualidade a totalidade da edificación coa adquisición da metade levada a cabo recentemente. É un edificio en pedra, distribuída en baixo, planta e con aproveitamento baixo cuberta. O local do arquivo ocupa o baixo cuberta, parcialmente abufardado. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1991, realizando dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1992, 1997, 1998, 2002, 2003, 2004, 2007, 2008, 2009, 2010, 2012 e 2014.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello do Rosal sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra. Ten unha superficie superior aos 41 quilómetros cadrados nos que residen ao redor de seis mil habitantes asentados en entidades de poboación, distribuídas en catro parroquias. O actual territorio do concello do Rosal pertencía á xurisdicción da Guarda con señorío do bispado e Cabido de Tui, tendo funcionado xa nos primeiros períodos constitucionais o concello do Rosal. No ano 1836 créase o concello da Guarda dentro do partido xudicial de Tui incluíndo o territorio do actual concello. Pouco tempo despois, xa no ano 1844, iníciase o expediente de segregación das parroquias a petición dos seus veciños, que dará lugar á creación do actual concello do Rosal. Este proceso será efectivo en 1847 aparecendo un novo concello con capitalidade en Ferreiros, pero novas reclamacións veciñais posteriores reverterán a situación no ano 1851 mediante circular do Gobernador Civil. Culminan os trámites coa creación definitiva do novo concello no mes de agosto do ano 1854. Con posterioridade soamente houbo algún intento no ano 1885 dalgúns veciños de Eiras de integrarse no concello de Tomiño sen resultado.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de O Rosal. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
O local do arquivo ocupa o baixo cuberta da casa do Concello. Trátase dun local amplo, cunha superficie útil de 134 m2, de forma irregular, distribuído en tres salas de diferentes dimensións con espazos laterais para almacenar diversos materiais.
Conta con boas condicións de habitabilidade e o equipamento adecuado.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=6995002
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=810611
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_49_ROSAL%2C%20O_20160912.pdf/f6e5ad47-1d67-4fa9-a5cb-173e6b7927a5
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_38_ROSAL%2CO_20160913.pdf/4112fb35-2845-4485-b5d1-d8c10bf18a93
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/303
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=57979