3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo en 1988, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluíndo a mellora e o traslado a un novo local, nos anos 1993, 2000, 2001, 2004, 2005, 2007, 2009, 2011 e 2013.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O municipio de Sanxenxo sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie total superior ós 44 quilómetros cadrados con 115 entidades de poboación dispersas nas súas 9 parroquias, nas que residen algo máis de quince mil habitantes. O territorio do actual concello de Sanxenxo formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción da Lanzada con señorío do arcebispo de Santiago na súa maior parte, compartido co duque de Patiño no caso de Vilalonga e con Juan Méndez no caso de Dorrón. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Cambados, chegaron a funcionar os concellos de Dorrón, Sanxenxo e Portonovo. No ano 1836 créase Sanxenxo como entidade local independente, coa configuración actual, que se mantén sen modificacións destacables agás a adscrición da illa de Ons ó concello de Bueu segregándoa do de Sanxenxo xa en 1844, a petición dos seus veciños e do marqués de Valladares daquela con señorío na illa.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Sanxenxo. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
Situado nun lateral do Concello, adecuado ao seu uso como depósito documental do elevado número de unidades de instalación que se conservan.
Ocupa unha gran sala rectangular superior aos 120 m2, cunha pequena zona de traballo e consulta. Conta con adecuado equipamento e condicións de habitabilidade.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=5380000
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_52_SANXENXO_20160909.pdf/68e8d4f7-83e9-42cf-9808-30902e811842
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/314
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10423