3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O conxunto documental conservado, agás da parte trasladada no seu día ó Arquivo Histórico Provincial, sufriu un proceso de organización e descrición por parte do Servizo Técnico do Patrimonio Documental nos anos 1984, 1985, 1986 e 1987, de acordo co cadro de clasificación e tratamento técnico usado daquela. Recentemente nos anos 2005, 2006 e 2007 acometeuse un laborioso proceso de actualización e reorganización documental, incorporando os fondos producidos nos últimos anos, adaptando o proceso técnico ó novo cadro de clasificación e informatizando os instrumentos de descrición resultantes
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca natural do Baixo Miño, linda con Portugal e Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta con 12 parroquias e 66 quilómetros cadrados. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Tui. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
O local do arquivo está no semisoto da casa do Concello, con acceso dende as oficinas da ala esquerda. Conta con salas de depósito e de investigadores destinada a acoller as persoas que desexan consultar os seus fondos documentais.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do concello de Tui: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=6490000
Fondo da cárcere do Partido Xudicial de Tui: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=1005416
Fondo da Entidade Local Menor de Pazos de Reis: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=891535
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=120
Cadro de clasificación do fondo do concello de Tui: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_56_TUI_20160909.pdf/e374a6d4-bd1a-4e78-a0d6-542516596b4f
Cadro de clasificación do fondo da cárcere do Partido de Tui: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886815/C%C3%A1rcere+do+Partido+Xudicial+de+Tui.pdf/67ec5c67-301e-40b8-8f11-2771b6043e60
Cadro de clasificación do fondo da Entidade Local Menor de Pazos de Reis: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886808/CC_ELM_PAZOS+DE+REIS_20160512.pdf/3eeca3ce-2fb5-424c-b221-5c81764111e4
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/550
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10831