• 1.1. Código identificador
    ES GA 36059 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Vila de Cruces
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Vila de Cruces
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1993, o último dos arquivos municipais da comarca do Deza organizados, realizándose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1995, 1998, 2000, 2002, 2005, 2007, 2009, 2011, 2013, 2015 e 2017.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello de Vila de Cruces sitúase ao norte da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie total de 149 quilómetros cadrados dispersos en 28 parroquias diferentes nas que residen ao redor de oito mil cincocentos habitantes. O territorio do actual concello de Vila de Cruces formou parte das provincias de Lugo e Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de diferentes xurisdiccións: á de Deza, na que o señorío correspondía ao Conde de Lemos; á de Abeancos con señorío do Conde de Monterrei; á de Camanzo con señorío do mosteiro de San Paio de Santiago; á de Carboeiro con señorío do mosteiro de San Martiño de Santiago; á de Caxide con señorío de D. José Pardo; á de Cira con señorío do Conde de Altamira; á de Piloño, con señorío do arcebispo de Santiago e os coutos de Brandomés e San Xusto de Dombodán. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Camanzo, Ferreirós, Piloño, Merza e Cruces; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Carbia, queda integrado por vintesete parroquias, as que aínda hoxe o compoñen coa salvidade de escisión producida na parroquia de San Fiz de Besexos da que xurdiu a parroquia de Nosa Señora da Piedade das Cruces, aumentando así o número a vinteoito pero manténdose a superficie total. O cambio de nome polo actual de Vila de Cruces faise efectivo no mes de outubro do ano 1944.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Vila de Cruces. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello. O local de arquivo ocupa na actualidade unha parte do soto no edificio do Concello. De forma rectangular, conta cuns 60 m2 de superficie total.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=4000000 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=839145
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_59_VILA+DE+CRUCES_20160909.pdf/97c2a12f-37dd-44a4-99a8-69d6cfa7183f Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_47_VILA+DE+CRUCES_20160913.pdf/482cb256-1814-42d8-9859-10f810fd322a Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/309 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10445
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 7.30 a 14:30 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-10 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-26 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -