3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1983, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e traslado de local, nos anos 1988, 1995, 1996, 1999, 2000, 2001, 2003, 2005, 2007, 2008, 2010 e 2013.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Vilanova de Arousa está situado ao oeste da provincia de Pontevedra; ten unha superficie próxima aos 36 quilómetros cadrados cun total de 61 entidades de poboación dispersas en seis parroquias, nas que residen arredor de 11.000 habitantes. O territorio do actual concello de Vilanova de Arousa formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdición de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e do couto de Deiro, con señorío do marqués de Monte Sacro. No período preconstitucional neste territorio chegaron a funcionar os concellos de Baión, Vilanova e a Illa de Arousa. No proceso de establecemento constitucional dos concellos dependía do Partido Xudicial de Cambados. Será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito Partido Xudicial, cando se establece, xunto cos outros concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía e Vilaxoán, o concello de Vilanova de Arousa formado por cinco parroquias: Vilanova, A Illa, Tremoedo, Baión e Caleiro. Posteriormente, no ano 1843, anexionaríase a parroquia de András, instalada inicialmente no concello de Vilaxoán e a parroquia de Deiro, segregada do concello de Cambados en 1854. Unha última modificación significativa foi a segregación da Illa de Arousa para formar un concello independente, vella reivindicación veciñal que rematou no ano 1996.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Vilanova de Arousa. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo situado nun edificio próximo ao Concello.
O arquivo está na planta superior do edificio do mercado municipal, edificación illada próxima ó Concello. O espazo distribúese en dúas salas rectangulares con acceso independente dende a rúa, destinadas a depósito, e dúas salas cadradas para a colocación de fondos bibliográficos e boletíns, que serven ademais de sala de traballo e consulta. O local foi acondicionado para este uso, polo que presenta condicións de habitabilidade e dotación de equipamentos suficientes.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=3060000
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=850937
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_62_VILANOVA+DE+AROUSA_20160909.pdf/7c89430a-1179-4e7a-ad29-345c7815a79d
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_49_VILANOVA+DE+AROUSA_20160913.pdf/53a0026e-e349-4d4c-9f79-cc3c1519b0d0
Coleccións: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/344
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10694