Arquivo da Real Academia Galega

1. Identificación

  • 1.1. Código identificador
    ES GA 15030 ARAG
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo da Real Academia Galega
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo de la Real Academia Gallega
  • 1.4. Outras formas do nome
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Privada Tipoloxía: Arquivos de Institucións Científicas, Culturais e de Investigación.

2. Área de Contacto

  • 2.1. Localización
    A CORUÑA
  • 2.2. Enderezo
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    Fax:
    Email:
    Web:
    http://www.realacademiagalega.org/
  • 2.4. Persoas de contacto

3. Área de Descrición

  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O 30 de setembro de 1906 inaugurase oficialmente, no salón da coruñesa Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns, a Real Academia Galega, que xa fora constituída o 4 de setembro de 1905. No acto conflúen os dous vieiros principais do galeguismo naquela altura. O primeiro deles, agrupado arredor de Manuel Murguía, representa a continuidade do programa do Rexurdimento e do Rexionalismo, mentres que o segundo proviña da vizosa comunidade de emigrantes galegos en Cuba. Baixo o gran prestixio persoal e intelectual de Manuel Murguía, a Academia vive a súa idade de ouro. Dá comezo unha intensa actividade organizando numerosos actos culturais e celebrando frecuentes plenarios por todo o País. Tras a Guerra Civil, a Academia entra nun estado de semiclandestinidade, moi próximo ao da súa desaparición definitiva. Sometendo a silencio, exilio ou morte á parte máis consciente do galeguismo republicano, o réxime franquista só tolera unha continuidade simbólica e testemuñal da Academia, que non volve constituírse formalmente ata o ano 1943, so a presidencia de Manuel Casás. Malia todo, a entrada na Academia de intelectuais procedentes do chamado "Grupo Galaxia" daralle un novo pulo á institución. Así, dá comezo en 1963 a celebración do Día das Letras Galegas. O Arquivo da Real Academia Galega está constituído pola documentación xerada e recibida pola institución no exercicio das súas funcións e actividades e conservada para a xestión, a información, a cultura e a investigación. A súa orixe data da fundación da RAG, en 1906, e constitúe unha fonte fundamental para o coñecemento da historia da institución -organización, finalidades, traballo, conexión coa sociedade, etc.- e dos seus membros. Conserva, asemade, os arquivos que gardan a documentación persoal, familiar e profesional dos intelectuais que, co pasar do tempo, fixeron doazón dos mesmos á RAG. Entre eles destaca o de Emilia Pardo Bazán, que contén tanto os seus manuscritos literarios como unha sección patrimonial de grande interese. Tamén conserva a RAG os de Andrés Martínez Salazar, Murguía, Pondal e doutras figuras destacadas da historia cultural galega do último século. Os arquivos de empresas, asociacións e institucións, aínda que en menor cantidade que os anteriores, tamén están presentes nos fondos da RAG. As coleccións, recibidas, compradas ou producidas pola propia institución, compoñen a última sección dos fondos do Arquivo.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    A Real Academia Galega ten como obxetivo o estudo da cultura de Galicia e, especialmente, da lingua galega. Elabora as normas gramaticais, ortográficas e léxicas, ao tempo que defende e promove a lingua. Tamén dedice a personalidade a que se lle adica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influíntes no mundo da cultura galega
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    -Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio cultural de Galicia. -Real decreto 271/2000, polo que se aproban os Estatutos da Real Academia Galega -Regulamento do arquivo, aprobado polo Plenario da Real Academia Galega na sesión ordinaria celebrada o 27 de novembro de 2013, no que se establecen as normas de recepción, custodia, conservación e acceso relacionadas cos documentos. -Lei 7/2014, de arquivos e documentos de Galicia
  • 3.4. Estructura administrativa
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    A Real Academia Galega ingresa por doazón a maior parte dos seus fondos. A Institución leva a cabo unha política activa para a consecución de fondos, tanto de orixinais como de copias dixitais.
  • 3.6. Edificio
    Metros cadrados de depósito: 60 Metros lineais de andeis: 260 Metros lineais de documentación: 160 Metros lineais de fondos bibliográficos (biblioteca auxiliar): 125
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    O Arquivo da Real Academia Galega está constituído pola documentación xerada e recibida pola institución no exercicio das súas funcións e actividades e conservada para a xestión, a información, a cultura e a investigación. A súa orixe data da fundación da
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións

4. Área de Acceso

  • 4.1. Horario
    De luns a xoves, de 9:00 a 14:45 e de 16:30 a 19:45 horas. Venres, de 9:00 a 14:45 horas. Horario de verán: meses de xullo e agosto de luns a venres, de 8:30 a 14:45 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Libre para investigadores e cidadáns en xeral, agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes e no caso de materiais que, polas súas características -rareza, conservación, etc.-, precisen a autorización da Comisión Executiva.
  • 4.3. Accesibilidade
    Acceso persoas con discapacidade: Non Líneas 1, 1A, 2, 2A, 3, 3A, 5, 7, 17 e 23A de autobús.

5. Área de Servizos

  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    -Información bibliográfica e profesional sobre as coleccións e fondos. -Conexión wifi para a utilización de ordenadores portátiles.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    As reproducións solicítanse por escrito mediante formularios dispoñibles na sala de consulta ou por correo postal ou electrónico.
  • 5.3. Espazos públicos

6. Área de Control

  • 6.1. Identificador de descrición
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.2. Identificador de institución
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian Fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Revisión: 2015-01-28 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento